Doces despedidas.

Por fin, despois de 11 días, pasei por debaixo dunha ducha e sen caciños de por medio! Non sabedes ben canto a disfrutei!

A última noite en Agadir, logo de cear un revolto do que ían ser dúas tortillas e un pouco de pan (ben barato porque aquí é subvencionado polo goberno), celebramos o cumpre de Edu cunha morea de galletas! Que ben sabes os doces marroquíes! Creo que son os doces máis ricos que degustei nesta vida! Á mañá seguinte collemos un autobús ata Marraquech e despois dunhas compras de última hora marchamos cara o aeroporto.

image

Como non podía ser doutra forma, os taxistas achegábanse en manadas para conseguir ese desexado traxecto ata o aeroporto. Pero Edu sabía dun autobús que nos levaría por 4dh (0,40€) ata un barrio ben pretiño. A miña cara era o reflexo da angustia de non chegar a tempo! Pero eles tranquilizáronme e despois dunhas carreiriñas polo aeroporto de Marrakech cheguei ao avión cando estaban a embarcar! Non ler o billete fíxome perder algo de tempo. Non sabía que a pesar de non facturar tiñas que acudir ao mostrador para que che selasen o billete! Lección aprendida!

Deixei abrazos de despedidas, xa que de seguro volverei a ver a esta especial xentiña nalguha parte do mundo! Lucía volverá para darme unha sorpresa o día menos esperado. E con Edu leveime tan ben que de seguro acompañará a Lucía para facerme rir 😉

image

Marrocos ao fin e ao cabo foi unha viaxe rápida onde só tiven tempo de coñecer tres cidades e bastante cultura. Aínda me queda moito por descubrir nestas terras ás que de seguro voltarei algún día cun pouco de máis tempo! A xente aquí é moi hospitalaria. É moi aberta a falar coa xente de fóra. A pesae de que non me gusta xeralizar teño que recoñecer que cada vez que mantiña unha conversa tiña a sensación de que me querían vender algo. E é que aquí víante coa mochila ao lombo e unha mesma persoa ofrecíache cama, comida, taxi, viaxes programados, porros…. Calquera que fose a túa necesidade estaba na man do primeiro home que te atopases. E sí, falo de homes, porque as mulleres no sector do turismo adícanse ás tatuaxes ou a lerche o futuro.

En Marrocos as mulleres aínda están un pouco lonxe, como noutros países, de alcanzar a igualdade, cando debería ser algo natural que non fixese falta alcanzar.

image

Volvo á casa e deixo atrás a Aisha, tal e como me chamaron por estos mundos, ese té tan rico que intentarei facer no Porto do Sal. Deixo atrás un país no que case fun piropeada máis veces que en toda a miña vida, onde me confundían con bereber e onde disfrutei do sol ao máximo!
Pero volvo á casa, á familia que tan importante é para a cultura musulamana e xunto cos amigos para mín tamén.

Marcho; que teño que marchar espertar a Claudia entre achuchóns!

Anuncio publicitario
Doces despedidas.

Dous días no paraíso

Menudo almorzo o que nos preparou Khalil! Non faltaba nadiña: mel, café, aceite de argán, pan de pita, marmelada de amorodos e de melocotóns, un par de ovos á francesa, aceitunas…  Logo de repoñer forzas, marchamos na procura do paraíso tal e como nos recomendaran polo festi adiante.

image

Collemos un taxi (1€ persona) ata unha pequena vila da que non recordo o nome. Alí, e despois de saber que nos cobrarían o dobre por ser estranxeiros, decidimos sacar o dediño e facer autostop. Edu e eu saímos á estrada e uns minutos despois parou o primeiro coche. E aló foron Lucía, Fly e o noso amigo Abdelhammid ao que coñecemos polas rúas de Essaouira. Edu, eu e a nosa cara pelada aínda pasamos un tempiño agardando outro amable conductor! Ao final chegamos en 4×4 cunha parella de Casablanca á que convidamos a visitar o val.

Este lugar, perdido do mundo, é incríbel. Garda maxia en cada unha das súas pedras que forman o val do paraíso. Aquí estamos a vivir a vida sen máis complicacións que as de manter o equilibrio polo medio dos coios ben esvaradizos.

image

O noso amigo Abdelhammid prestounos unha tenda e a súa compañía para acampar dúas noites neste fermoso val marroquí. El é un home ben raro, non fala moito e toma decisións grupais por el mesmo. É garda de seguridade nun bloque de edificios de Rabat e recorreuse Marrocos a pé durante catro anos. Protexeu a tenda dos animais esparcindo ao redor dela la de ovella queimada con auga. Seica iso espanta os animais.

Ao final do camiño que se perde polo val hai unha zona onde unha morea de rastas e algún que outro non rasta pasa os días e as noites. É un lugar espectacular que só se pode sentir unha vez aquí. Acampamos por alí e adoptamos unha cadeliña á que lle chamamos «Murci» de Murciélaga. Que bonitiña era! A pobre non podía ter máis pulgas e carrachas e co paso dos días funlle collendo un cariño especial. Seguíanos a todas partes e xa formaba parte da nosa familia! A que é moi bonitiña? Seguro que a Andrea lle presta 😉

image

Compartimos cancións de pandeireta con cancións bereberes ao redor do lume e baixo un ceo cheo de estrelas! E que estrelas! Non había lugar mellor para miralas.

O segundo día no paraíso saín coa mochila ao lombo disposta a pasar o día comigo mesma. Estar nun sitio coma este da pé a pensar sobre esta vida. Filosofar sobre a propia, rodeada de descoñecidos, é canto menos agradábel! Sen embargo o día solitario durou ata que Edu berrou o meu nome dende o medio das pedras. Ambo-los dous argallamos, como puiden, entre as pedras ata atopar unha cascada cunha poza pequena. Que ben se estaba alí!

image

Esa noite o noso amigo decidiu cambiar o campamento de sitio (sen consultar) e movémonos máis preto da saída onde acampaban unha parella que Fly e Lucía coñeceran no festi. Pola mañá e despois de preparar o almorzo co que había chegou a policía marroquí cun don aire desmesurado e púxose a romper as tendiñas que por aquí acampaban. Nese intre Edu e eu estábamos a pregar a de Abdelhammid! Que alivio!

Volvemos á pequena vila nun gran  taxi que eu chamaría pequeno autobús. Íamos moi ben acompañados de marroquíes que compartiron con nós cantos, galletas, zumos e algún que outro cigarro. Dende a vila chegamos a Agadir en autostop cuns homes moi amables que nos achegaron ata a estación de autobuses, como así acordáramos cos demáis viaxeiros.

Deixamos o val do paraíso para pasar a derradeira noite en Marrocos de volta co noso couchsurfing!

image

Marcho; que teño que marchar beber un té antes de cociñar unhas tortillas.

Dous días no paraíso

Festival Gnaoua; un festi ao que volver.

Catro días rodeada de música alegre, bailes, risas, mar e boa compañía. O festival de Gnaoua e músicas do mundo celébrase dende fai anos en Essaouira, a cidade do vento.

Essaouira, antiga cidade portuguesa, tamén é a cidade dos hippies grazas a artistas como Jimmy Hendrix que decidiron facer desta terra un lugar de inspiración. As moitas galerías de arte son un reflexo de que esta pequena cidade inspira a moitos artistas e deseñadores. Sentinme moi a gusto por aquelas rúas. Esa cidade esconde maxia nos seus recunchos. Sociabilizamos pola praza para coñecer historias e despois dun par de horas xa coñecía as rúas como se de Muimenta se tratase.

image

Abdoul alquilounos unha especie de faiado e a medida que o festival avanzaba a súa casa estaba máis chea de xente así que as duchas cada vez eran máis curtas. Deixovos unha fotiño para que vexades onde me duchei durante estos últimos catro días. Que ganas dunha ducha con grifo!

image

Pasamos un día con Katerín e a súa amiga Andrea que é galega. Facía dous anos que non nos víamos e puxémonos un pouco ao día recordando tempos e remexendo sentimentos bonitos.

O venres acompañamos a Fly a vender as pulseiriñas tan fermosas que vende. Intentei axudarlle co macramé pero teño que recoñecer que son moi mala para este tipo de cousas. Fixen o que puiden e acabei cun agasallo de Lucía en forma de colgante do que seguro presumirei polas festas adiante! Tanto ela como o agasallo son ben amor!

image

Este foi o meu primeiro festival onde a auga estaba por encima da cervexa. Fíxoseme ben raro non beber nada de alcohol durante todo o festival. Aquí o alcohol na rúa está prohibido e os pequenos establecementos que o teñen á venta póñeno a prezos desorbitados, que non estou disposta a pagar. Pasa o mesmo coa comida, quizáis gastar 3 euros nunha comida é ben pouco; pero se camiñas unha miguiña e saes da medina comes por 0,70 céntimos de menú anti-guiri. Edu mais eu xa tiñamos fichado o restaurante barateiro da cidade do que nos fixemos fans!

O domingo foi un día de baixón. Logo dos concertos quedamos pola praza cun grupo de rapaces moi hippies e moi simpáticos. Falaron de facer un espectáculo para gañar algo de cartos e así poder cear. Unha das rapazas era de Bélxica e dixonos que non estaba moi convecida de facer o espectáculo con lume xa que aquí a xente usa «White Spirit» que seica quiema moito máis axiña que a gasolina, producto que ela utiliza habitualmente. Ben; todo ía sobre rodas ata que, de súpeto, vin como un dos rapaces tiña a cara e o peito ardendo. Sen pensalo, todos estaban a golpes nel ou tirándolle auga para apagar o lume. O meu corazón quería saírse do peito. Nunca vira unha cousa que me impactase tanto e que me deixase tan asombrada. Ver como unha persoa se está a queimar diante túa é algo que me vai marcar a vida. Como a deste rapaz que de agora en diante as cicatrices por toda a cara, peito e mans formarán parte da súa.

image

Marchamos da casa de Abdoul para pasar a última noite durmindo na praia ao carón de dromedarios, camelos e cans pretiño da carretera para facer autostop ata Agadir.

A pesar de que no festival había moita xente de fóra as mostras de amor entre as parellas eran algo ben raro. En Marrocos están prohibidas socialmente entre homes e mulleres aínda que é ben habitual ver a dous homes abrazándose ou agarrados da man como mostra da súa amizade.
Outro dos fenómenos a analizar é a forma de aplaudir. Quen me ía dicir a min que ía recoñecer a un marroquí pola forma de bater as palmas? Por si, é posible. Eles e elas estiran os dedos e baten forte cunha man paralela á outra. Ademáis os homes aquí móvense moi ben ao ritmo da música! Xa lles gustaría a moitos festeiros!

image

O autostop fixo dividirnos e Edu máis eu marchamos á aventura cun marroquí que traballa en Alicante e que nos convidou a comer polo camiño.
O noso couchsurfing de Agadir, unha cidade sen moito interés turístico, está sendo todo un descubrimento. É unha persoa moi amable cunha casa fermosa. Un dos seus amigos é mago en hoteles e convidouno para facernos un espectáculo de maxia. Acordeime de Charly que seguro lle prestaba ben!

image

Marcho; que teño que marchar durmir unha miguiña mentras seca a roupa que sacamos da lavadora.

Festival Gnaoua; un festi ao que volver.

Se non viche-lo mar, non viche ningunha cousa.

Logo dun par de días por aquí penso que unha das cousas que máis me está a costar é o choque cultural. Acostumada a vivir con máis liberdades, chego a un país islámico onde a xente non conta coas mesmas. O que máis me preocupa é saber ata que punto debo recortar as miñas liberdades ás que estou acostumada dende pequena para así non facer algo que ofenda á xente de aquí. O que máis me vai axudando é a guía que carreto pero tamén preguntar educadamente antes de facer.

Deixei a cidade de Marrakech logo dun día abafante, unha cea no número 15 na principal plaza da Medina onde todo é «más barato que en Andorra» e de aprender a tocar as castañets rodeada de músicos marroquís.

image

Á mañá, despois do son do despertador e dun intento de ducha con xeito marchamos camiño da estación de autobuses para así chegar ata Essaouira onde nos agarda o festival de músicas de todo o mundo. Superadas as tres horas nun autobús onde é imposible pasar máis calor chegamos ao mar! Edu faloume uns kilómetros antes que xa cheiraba o mar! Canto nos prestaba meternos na auga sen ter que estar a caciños dela! Que ben!
Aínda non deixáramos os asentos cando unha marea de xente nos comezaba a perseguir, ás veces chegando a agobiarnos, coa fin de vendernos un apartamento ou unha habitación nalgún rincón da cidade. Decidimos deixar ese tema para máis adiante e ir tirarnos ao mar e a area!

Despois dunha búsqueda rápida decidimos quedar ata o domingo na casa dunha familia marroquí que nos ofrecía unha habitación a construír a cambio de 5 euros a noite. Creo que a podíamos conseguir máis barata pero xa estamos un pouco cansados do regateo e a casa está dentro da medina, ben pretiño dos concertos. Fixemos un par de camas con colchóns vellos que tiñas por alí tirados, compartimos un té coa familia e de vez en cando vemos ao pequeno da casa pasar coa bici pola rúa e bótanos un sorriso contaxioso! Estou moi contenta de tomar a decisión de quedar nesta casa, a pesar de que as duchas son precarias, a auga non nos falta e de seguro que os cartos van ben mellor invertido aquí que no albergue de turno.

image

Pasamos a noite rindo e bailoteando e namorei de Maâlem Abdelkebir Merchane. Que ben tocan e canto me prestan! Alí, entre baiñe e baile, fixemos uns amigos marroquís que nos ía apartando a Lucía e a mín a todos os homes que se achegaban para bailar e tocar; e non precisamente música. En fin, el contounos que aquí moitos homes son así, pero que el tamén é marroquí e sabe que aquí vimos para estar a gusto e bailar. Creo que se pasou a noite a pogos con cada home que poñía detrás noso! Nunca lle lo agradeceremos de abondo!

Aquí todo son ben majos pero a verdade é que de calquera cousa fan un negocio. Nada é de balde. Incluso preguntar por donde se vai a tal sitio, antes de que te acompañe é mellor decirlle que non lle vas pagar. Así algún darase a volta e outro simpático acompañarate sen problema algún!

image

Marcho, que teño que marchar buscar a Katerín e á súa amiga.

Se non viche-lo mar, non viche ningunha cousa.

Fóra estereotipos

Escríbo dende a máxima calor que viviu o meu corpo. Estamos a 52 grados e eu xa saín da fonte un par de veces.

Marchei dende Lugo en blablacar con tres rapaciños moi simpáticos cos que tomei unha Estrella e terras casteláns. Esperei o avión lebdo a guía que me deixou Paula e que tanto me está a afudar para coñecer esta cultura.

Unha vez en terras marroquís e miña sorpresa foi máxima. Edu estaba a esperar, pero non estaba só. Lucía e Fly agardaban a miña chegada cun carteliño. Que ilusión me fixo!! A vida demostrame que me rodeo de xente maravillosa!

Fomos á busca dun taxi que non nos estafara e viaxamos directos ao bar no qie quedaramos co rapaz que nos acollería grazas ao couchsurfing. Eran as 23.00 horad e quen nos esperaba eran dous dos seus amigos, o que nos incomodou un chisquiño.

Podo dicir que polo de agora Marrocos é o país que visito onde máis choque cultural sinto. Esta andaina axúdame a eliminar estereotipos que, ingonscientemente, vivían no meu pensamento.

image

Despois das presentacións oportunasñ, botar unha man na cociña e un tè delicioso, xantamos polo con verduras, coas mans, para sentornos un máis.
A xente coa que estamos vén do Sáhara, e «Faisal» é un amante da terra que o viu nacer. Recordoume ao livro da miña veciña Sabela «O agasallo de Anya» cando Fasal me falaba do amor que tiña polos camelos.

image

Pola mañá falamos sobre a cultura e vestíronme como un auténtico home do Sáhara! Botamos un par de risas e Fasel sacou unha morea de fotos que xa veredes!
 
Pasamos a tarde pola medina que é como se lle chama ao casco vello da cidade. Vimos, rimos, piropeáronnos e regateamos.
A min xa me prometeron que se tiña fillas co mesmo sorriso e este caracter alegre mandávanme 3 camelos e unha cabra. Os camelos para min, e a cabra para o meu marido.

image

Pola noite organizáronnos un concerto privado ao que acudiron unha morea máis de saharauis con oríxenes bereberes.

image

Marcho que teño que marchar á fonte mollarme un pouquiño! Un milleiro de bicos 😉

Fóra estereotipos

Marrocos: billete de ida e de volta

Volvo a escribir no blogue, abandonado dende que voltei a Muimenta, para compartir con vós e coa Paula do futuro as experiecias que veñan dende mañá en diante nunha viaxe por onde o sol se pon. Que ilusión me fai viaxar a África por segunda vez!

Todo comezou na casa da Buena Onda non recordo moi ben como. Penso que foron os impulsos os culpables de que Edu e eu mercáramos uns billetes barateiros dende diferentes aeroportos con destino Marrakech. Teño moitas ganas de velo pero non podo evitar pensar en Lucía e na súa falta de impulsos comúns! Esta será unha viaxe distinta xa que teño o tempo contado: 11 días para coñecer parte de un país do que tanto se fala en España.

Esta tarde, e despois de darlle a benvida á vida ao novo veciño, merquei o kit preciso de supervivencia para as malditas burbullas estomacales, que parece ser que non queren mudar do meu estómago. Seguirei loitando contra elas onde queira que vaia! Logo de rematar coa bolsiña de abuela medicada, metín todo na maleta!

Sin título-1

Facer unha maleta para estar a 40 grados é unha maravilla. Teño que apañarme coa mochila pequena (40litros) porque a miña está a viaxar por Polonia a lombos do rastas que máis quero nesta vida. Non tiven problema ningún, incluso deixei algún oco para algún que outro agasallo dos que xa estou avisada ; )

Boas noites cheas de ilusión e millóns de biquiños para quen queda unha miguiña preocupado!

Marcho que teño que marchar cear e facer o chek in.

Marrocos: billete de ida e de volta

Volver é un verbo

Transitivo e intransitivo capaz de resumir a andaina.

Traninsitivo: 1. Facer xirar [unha cousa] en calquera sentido, cambiándoa de posición. 2. Facer que [algo ou alguén] deixe de ser dunha maneira para ser doutra ou pase a ser outra cousa distinta do que era.

Intransitivo: 1. Ir de novo ao lugar do que se partiu ou onde se estivo antes.


Despois de 55 días, 7 países, 3 autobuses, 3 avións, máis de 4.000 km en autostop, 6 reencotros, un par de bailes, unha morea de paisaxes, un sin fin de aventuras, interminables horas de frío, unha ducia de vidas interesantes e milleiros de novas experiencias, marchei de Montpellier coa tristura da despedida e cheguei a Muimenta coa alegría da benvida.

11015412_10205718702545240_1245804999_n

Esta viaxe chea de aprendizaxes, maxia, unha miguiña de frio, de encontros e reencontros chegou ao seu fin. Menos mal que os recordos, tanto audiovisualeiros como sentimentais, quedarán ben gardadiños para re-ler re-ver cando me preste.

Estou ben contenta de ter a oportunidade de vivir este tipo de experiencias e a capacidade de difrutalas.

Volvín, que tiña que volver para abrazar ben forte cun licork na man.

Volver é un verbo

O 702 de Montpellier é capaz de deixar a cidade nun segundo plano.

A mochila da ilusión por reencontrarme con Lucía pesaba máis que a de toda a viaxe. E eu por fin estaba alí. Diante do buzón no que podía ler o nome da miña amiga. Tocamos ao timbre e ninguén abriu a porta, así que decidimos entrar ao grito de «Lucía», quen,  despois dun par de minutos se achegou correndo dende a casa dos veciños para fundirnos nunha inmensa aperta.

Lucía matriculouse en filosofía e ten unha revista cultural online que se chama Talaria. Ela vive con tres rapaces e unha cadela. Edu, un catalán moi simpático con familia en Galicia co que pasei boa parte do tempo. Leni, o amor feito persoa. Un rapaz alemán do cal non lembro o nome e Luna; a cadela de todos. Ata que pisei o 702 non cría nas enerxías pero desta volta decateime da súa veracidade. Aquí, séntese tal enerxía positiva que non podería describir. Aquí, non hai un segundo para estar triste. Aquí, loitase polo soños desta vida sen perder o sorriso. 

DSC_1325

Levo máis dunha semana asentada nesta casa e non escribín antes porque non quixen perderme un minuto con esta xente chea de maxia. Coa cidade ao fondo, cada día é diferente. A primeira tarde sacamos a Luna de paseo e foi ahí onde comecei a namorarme desta cadeliña de 11 meses e da súa dependencia para xogar. A primeira noite achegábase e despois de falar con Lucía dun milleiro de cousas e de xogar a algún que outro xogo marchamos para a cama a descansar o cansancio acumulado durante os días anteriores.

A mañá do primeiro día en condicións fixemos un «obradoiro» de arxila. Según Leni a clave para facer algo ben bonito está en pechar os ollos ao sol e deixar que as túas mans traballen ao seu antoxo. Á tarde saímos dar unha volta pola cidade, comer por ahí e disfrutar dun café nun bar con encanto. Unha vez de volta na casa xogamos a un par de xogos. Eu quédome co Dixit. Encantoume este xogo de cartas que mercarei en canto chegue á casa para disfrutalo no local social con todos os amigos e amigos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O venres 27 era o aniversario da miña naiciña querida e non tiña moi claro como a ía sorprender ata que Lucía me dixo que tiña chamadas gratis a fixos de España. Tíñao en bandexa. Marquei o número da perruquería e despois de que Paula me collera o teléfono e chamase a miña nai tan só tardou vinte segundos en comezar a chorar, supoño que de alegría. Que ben que con só unha chamada sexa capaz de dar tanta felicidade!

Pasamos a mañá entre o xardín do 702 e o da casa do lado que ven sendo todo unha. Esta é a casa das acollidas, das idas e voltas. É a casa por onde todo o mundo pasou algunha que outra vez… E esta finde ían acoller a dous arxentinos que levan un par de anos viaxando por europa e que andaban a buscar unha granxa preto desta cidade. Ceamos na casa da nai de Leni á que Edu e máis fomos en patinete. Canto tempo facía que non subía nun! Mais tarde achegámonos ata un bar, unha especia de bar clandestino onde a improvisación musical é o primordial. Alí disfrutei como a que máis tocando a pandeireta que Leni me collera a escondidas.

O sábado tiñamos unha «Bal Masqué».para celebrar. Algún pasou a tarde facendo máscaras e carteis mentras os demáis pasabamos a resaca como podíamos disfrutando de performances de arte contemporáneo. A miña ía ser unha máscara de paxaro, que foi Suzanne a encargada de pintala mentras eu e Lucía íamos a polo suministro da noite. Na festa coñecín a moita xente pero a miña escasa capacidade de desenvolvemento no francés impediume expresarme en liberdade. Sen embargo, tiven a sorte de que moita da xente convidada falaba o español. Ademáis tivemos tempo para por LaPegatina un indispensable para mover o cú do sofá.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O domingo marchamos de picnic ao parque de Méric onde Luna aproveitou para lavarse unha miguiña e á noite continuamos coas noites de xogos. Esquecíame de falar do xogo do BigBody e do seu flow! Un xogo ben gracioso de coordinación, cante e palmas.

O luns no almorzo despedimos aos arxentinos, que volverán a finde que ven. E depois de facer os preparativos precisos marchamos cara a praia para disfrutar do día de sol e vento que se nos presentaba. A praia en inverno ten o encanto que agocha no verán chea de turistas e Luna sabía moi ben como aprecialo. Canto presta un pouco de aire fresco ao carón do mar!

DSC_1394

Estos últimos días paseamos pola cidade: fomos a tendas de telas bonitas, á mellor tetería de Montpellier, a librarías barateiras… Lucía recomendoume a lectura de «El lobo estepario» un dos únicos en español en toda a libraría. Agora xa podo disfrutar doutra lectura máis nos meus ratiños libres. Tamén merquei unha tela por 0.50 euros coa que Edu me está a facer un bolso ben chulo.

Ademáis tiven a oportunidade de escoitar un conto fermoso na boca de Leni. Está feito todo un contacontos! Como me gustaría a mín poder chegar a contalos así! Con esa expresividade facial, esa entonación tan perfecta que inclusive eu fun capaz de entender en francés!

Á noite despois de zampar un par de pasteis e aínda non sei moi ben como Edu e eu mercamos un par de billetes con destino Marrakech coa escusa de ir ao festival de música Essaouira que é de balde. Creo que o prezo barateiro dos billetes, con tantas semanas de antelación, foi o ingrediente perfecto que nos animou a mercalo.

Vivir de novo con Lucía fíxome reflexionar no que a vida nos cambiou a ambalas dúas. Dende o primeiro ano de carreira ata o de agora, no pouco que daquela sabíamos da vida e no moito que aínda nos queda por saber. En todas as aventuras de aprendizaxes,moitas delas motivadas pola crise, que vivimos xuntas e separadas. E que nos fixeron medrar moito máis como personas que como audiovisualeiras. Eleximos unha carreira complicada para atopar un traballo pero que pola contra nos acerca á cultura e nos permitiu coñecer a xente ben interesante! Eu quero ser positiva e pensar que algún día, teremos un espazo ben bonito dentro do audiovisual, e se non é así, eu xa me conformo con intentar sacar proveito das oportunidades que a crise me deu.

11025811_10153144919223564_1633020412260677343_nMenudas reflexión a primeira hora da mañá… En fin, para min a vida é disfrutala do mellor xeito posible e cada quen ten un ben diferente. Pode que a miña sexa nestas viaxes barateiras, atopando a felicidade en cousas pequenas como unha ducha quente despois de catro días, unha culler de nutella despois de horas de autostop ou unha aperta de dez minutos despois de ano e medio de distancia..

Fai un anaco, entre penas, acabo de despedir a Suzanne, quen me debuxou unha historia da nosa viaxe! Está feita unha artista e este agasallo é inmellorable! A viaxe está chegando ao seu remate e non podía ter mellor fin que o 702.

Marcho, que teño que marchar para quedar con Lucía á saída da súa andaina teatril.

O 702 de Montpellier é capaz de deixar a cidade nun segundo plano.

Italia molto bella

Escribo logo de pasar unha semana rodeada de boa comida, boas cociñeiras e boas sensacións. Bolonia é unha cidade que namora por sí soa, e con sol máis aínda. Así que sí, namorei de Bolonia e da súa xente.

Os primeiros días de ruta pola cidade apreciei o romanticismo das rúas do centro onde, por lei, os edificios teñen que estar pintados de laranxa, vermello ou amarelo que lle aporta á cidade un encanto especial. Subismo a San Luca camiñando baixo o pórtico máis longo de toda Europa e coa mágoa de ver a cidade rodeada de néboa. Acompañamos ao sol polas rúas con gelatos italianos que non xeados. As diferencias entre eles non son perceptibles para o meu paladar pero para o dos italianos é unha diferencia ben obvia!

A pasta aquí, como non podía ser doutra maneira, está incriblemente rica. Un dos días mercamos pasta ao ragú nunha tendiña ben pequena onde facían eles mesmos a pasta. Creo que foi unha das mellores comidas desta vida. Sen esaxerar unha miguiña. Según din, o segredo está en cociñar a carne durante unhas dúas horas. Ademáis  (eu; que nunca fun moi amiga do queixo) aproveitei a estadía para facer fan número un do parmesano.

DSC_0832

Disfrutamos dos famosos aperitivos tan coñecidos entre os universitarios. E tamén fomos ao mercado dos venres e sábados onde merquei un aceite de amorodos que serve como perfume e que sería o culpable das dores de cabeza de quen me rodeaba. O truco, que non sabía de anteman, está en botar unha ou dúas gotas como moito. Logo de botar unha siesta para quitar esta dor saímos tomar uns viños e mover o cú nun dos bares do centro.

O sábado á noite propuxeronnos unha cea popular feita por unha organización política anticapitalista que está comezando a andar en Bolonia e outras cidades italianas. Chámanse Noi Restiamo e na súa maioría son xente nova que descarta a idea da migración ante a crise e que confían en sacar adiante o país dende o propio país. Resulta que eles «okuparon» un edificio do centro da cidade e por agora nos dous primeiros pisos vive xente que non pode pagar o seu alquiler debido á crise italiana tan semellante á española. O terceiro piso organizaron un centro no que teñen asambleas ou calquer outro tipo de eventos. Alí, entre moitas outras, colgaba a bandeira do país vasco. Foi unha noite moi amena cunha morea de conversas con xente moi interesante.

DSC_0910

Pasamos un domingo de domingo entre fogóns e recomendacións: Anotei unhas cantas recetas ben ricas para intentar cociñar no Porto do Sal. E tamén anotei en «Libros por ler» a trioloxía de Ágota Kristof que mercarei nada máis chegar á casa.

O luns, despois dun almorzo a base de cafeína, collemos as forzas para comezar o autostop e antes de chegar ao lugar axeitado tivemos un encontro co control do tren. Viaxar pola Europa sen querer gastar moito diñeiro implica, ás veces, non pagar o billete do transporte público e xogárnola a todo ou nada. Esta vez atopáronnos sen billete e o karma fixo que tivese que pagar 65 euros ao contado. Nese intre quixen coller o primeiro avión directo á miña cama. Pero despois de respirar ben forte, decateime de que non era tan malo. En mes e medio non pagamos case ningún transporte así que a culpa estaba claro que era miña. Pero aínda a sabendas de que a cula era totalmente miña non podía sentirme peor. Creo que esas malas sensacións foron as culpables de que despois de catro horas non atopásemos ningún coche que nos sacase de Bolonia. Así que recollemos as forzas e logo de camiñas 13 kilómetros coas mochilas ao lombo volvemos á casa de Francesca entre risos.

Á mañá seguinte volveríamos a intentalo pero desta vez decidimos coller un blablacar por 3 euros que nos sacase da cidade. Así polo menos estaríamos en calquera área de servizo de camiño a Francia. Primeiro escribímoslle a Fabio quen nos negou a proposta que despois outro conductor aceptou. Despois de dous coches, paramos nunha gasolineira para seguir co autostop. Alí, casualidades da vida, atopamos a Fabio, que despois de pitarlle á Suzanne, preguntounos a onde íamos. Falamoslle de calquera lugar dirección Francia e propuxémoslle se nos podía levar. Aceptou e a viaxe foi un tanto tensa, falounos de blablacar pero ninguha das partes acordou falar da mensaxe tan seca que el nos escribiu. Ao fin e ao cabo el levaríanos ata Xénova de balde polo medio da bonita Toscana, onde non me importaría mercar unha casa. Dende alí viaxei, confortablemente, ata Menton na cama dun camión.

DSC_0999

En Menton, a primeira cidade francesa na fronteira coa Italia, estaban a celebrar a 82ª festa do limón  . Pasamos a tarde descubrindo a cidade, a praia, e aluciflipando cunha das postas de sol máis bonitas que, ata o de agora, tiven en fronte miña. Pasamola noite na casa dun escritor que aceptou a nosa solicitude de couchsurfing. Esquecemos que vivíamos en febreiro e ceamos con viño e abrigos sentados na pequena terraza con vistas ao mar. Con el compartimos unha morea de pensamentos.

DSC_1088

Á mañá seguinte o karma camiñou con nós e despois dun par de croissants e sen estar a facer autostop un señor parou ao noso carón para preguntarnos a onde íamos. El viaxaba a Barcelona e nós pararíamos en Montpellier na casa de Lucía, con quen compartín os meus anos de universidade. Que ben! Un só coche para recorrer máis de 400 kilómetros.

Marcho, que teño que marchar disfrutar desta casa chea de enerxía positiva.

Italia molto bella

Baixando Alemaña, atravesando os Alpes e asentando en Italia.

A mañá que marchamos da casa-granxa foi unha das más frías dos últimos días. Deixar atrás aquel pobo no que pasaba un coche cada vinte minutos non foi nada doado. Camiñamos cerca de sete kilómetros ata que unha muller frenou ao noso carón. Eu sentei atrás co seu gato enfermo que non paraba de temblar e Suzanne ía de copiloto. Aquela señora foi ben simpática, non falaba unha palabra doutra lingua que non fose o alemán e o seu tono non semellaba amabilidade. Suzanne estivo a piques de chorar ante os «berros» daquela señora miope que só pretendía dicirnos o nome doutro pobo ata onde nos podía carretar. Que distinto soa un nome en diferentes bocas!

Ben, despois dun par de voltas ao quente volvíamos a estar a facer autostop, en case tres horas só fixéramos 20 kilómetros. A cousa non pintaba nada ben ata que unha vez máis unha muller parou para levarnos uns kilómetros adiante. Deixounos cerca de Magdeburg e alí só tiñamos que coller a estrada principal que baixa ata Múnich.

Por sorte despois duns quince minutos de espera, un rapaz letón, que traballa ao sur de Alemaña, estaba disposto a achegarnos ata Múnich. Ou iso pensabamos antes de que nos deixase no medio da autoestrada a uns 15 kilómetros da cidade. Aquel foi un dos peores momentos da miña vida. Nós, coas mochilas ao lombo no medio de tanto coche a tanta velocidade! Nunca pensei que podería saír daquel sitio e nunca tanto medo pasara! Non estaba disposta a moverme pero tiñamos que cruzar para o medio e así saír do carril que se desviaba de Múnich. Por sorte, aos cinco minutos de cruzar e pedirlle axuda ao karma un alemán e a súa furgoneta pararon na nosa axuda.

Unha vez na cidade e despois de revisar as mensaxes de Couchsurfing decatámonos de que non tíñamos onde durmir. Mentras esperamos posibles respostas de última hora decidimos unirnos á festa entroido dunha das prazas da cidade. Despois dun par de bailes e ante a falta de respostas buscamos un hostel barato no que poder descansar. Decidímonos por Meininger, no que pagamos 12€! E onde tiñamos o baño dentro da habitación! Menudo luxo! Por fin unha ducha en condicións despois dunha semana un pouco porca.

onVer Múnich baixo o sol e as fesas de entroido é espectacular! A ciudade ten dous símbolos principais que se poden ver pola rúa en diversos monumentos, edificios… Un é o monxe, que simboliza a München xa que o nome provén de munichen, unha palabra medieval que significa monxes. O segundo é un león, en honor ao fundador da ciudade, Enrique de León.

É unha cidade bonita, pero cara. E para sentirnos menos pobres entramos nun Douglas e comezamos a maquillarnos coas probas dos cosméticos máis caros. Na miña cara tiña maquillaxe de 50€, máscara de pestañas de 40€, e nos beizos un tono rosa de outros 50€. Estábamos listas para recorrer a cidade camiñando, facendo paradas para degustar comida tradicional no Viktualienmarkt, visitando a famosa cervexería Hofbraeuhaus, e un par de museos. Ademáis participamos nun concurso de Milka onde resultei ser a gañadora dunha caixiña de chocolates que papamos ao longo da tarde. A noite achegábase e esta vez foi unha parexa a que nos acolleu por unha noite. Maria e Marius son unha parexa alemana con vocación ás viaxes e á escalada. Recorreron medio mundo econ té de por medio compartiron as súas experiencias con nós!

DSC_0807

O autostop cada Italia parecía complicado xa que todo o mundo nos comenta que España e Italia son os países onde menos conductores paran a recoller autostopistas. De todas formas estábamos dispostas a intentalo! E a viaxe foi máis sinxela do esperado. Un dos coches axudounos a saír da cidade anta unha área de servizo na autoestrada e alí un par de rapaces que conducían un BMW pararon ao noso carón. Resulta que teñen una empresa de viños que se chama Zio Porco Wines. Ademáis coñecían Galicia e comentáronme que é o sitio onde mellor se come de todo o mundo. E como non eu xa comecei a botar en falta algunha que outra comida! Atravesamos os Alpes por Austria e non teño palabras para describir esas imaxes que, por moito tempo, tratarei de gardar na miña cabeza. Antes das doce da mañá xa estábamos no centro de Bolzano, onde tiñamos pensado descansar unha noite. É unha cidade pequena e tranquila, rodeada de montañas, e con moitos rincóns por descubrir!

Suzanne e eu cociñamos unha tortilla, seguramente a mellor de toda a nosa viaxe, e a rapaza que nos hospedaba cociñou Spinatknödel. Estaba todo boísimo! Á mañá seguinte collemos rumbo a Bolonia onde nos atoparíamos con Francesca, con quen vivín e viaxei durante o meu voluntariado en Rumanía. A nosa viaxe polos Balcáns foi unha auténtica aventura chea de sorte!

Chegamos á cidade, quedaramos de vernos na zona universitaria así que fomos ata a praza central dos universitarios: Piazza Giuseppe Verdi. Cheguei alí e de súpeto entraronme unhas ganas inmensas de volver á universidade! O ambiente que alí había era pouco menos inmellorable! A universidade de Bolonia é a máis antiga de occidente e sen dúbida unha das máis alternativas. A cidade está chea de vida e de cultura gracias aos estudantes!

DSC_0866

Vin a Francesca coa súa mirada única, chiscando os ollos para ver un pouco mellor con esa vista de abuela tan característica. Non lle deixei moito tempo antes de correr a xunto dela para abrazala sen perder o sorriso durante uns cantos minutos! Esta viaxe está sendo un cúmulo de reencontros máxicos que me prestan universos.

Marcho, que teño que marchar durmir unha siesta e así coller forzas para subir ata San Luca ver a posta de sol.

Baixando Alemaña, atravesando os Alpes e asentando en Italia.