Xa non queda nadiña

Mañá ás dez da mañá subireime ao BLABLACAR que me levará ata Madrid (23.11€). E xa que estou; aproveito para animarvos a que usedes esta plataforma. É do mellorciño que vin á hora de viaxar, sobre todo por España, onde o transporte está, ao meu parecer, careiro demáis.

O meu primeiro destino será Bélxica. Alí vive a que foi a miña compañeira de habitación durante o voluntariado rumano. O voo ata Bruselas (25€) sae a media tarde polo que vou un pelín xusta de tempo. É unha mágoa que non tivese outro coche compartido hoxe e así poder pasar un tempo cos meus amigos de Madrid. Aínda que supoño que deste xeito, á volta, me abrazarán con máis forza.

Hoxe pasei a tarde na casa de cafés con miña tía Élida e pensando na mochila, tarefa á que cada vez lle adico menos tempo. Non me quero lembrar do maletón que traía conmigo cando viña de Burgos a Muimenta calquera ponte do ano. En fin… Menos mal que co tempo fun aprendendo a priorizar cousas e descartar outras.

Et voilá! Máis abaixo podedes ver unha fotiño do que levarei ás costas. Entre elas hai alguna que outra novidade con respecto a outras viaxes que desta vez non podo deixar atrás. Por exemplo:

O portátil, si, xa sei que pesa moito e que cos móviles de agora non che fai falla para nada, pero, eu precisoo para seguir co Máster de Deseño Gráfico.

Ou a pandeireta. Que de ninguna maneira podo abandonar no Porto do Sal. Fai ben pouquiño que collín a primeira e non vou deixar que se me enferruxan as muñecas así sen máis. Así que estarei atenta ao grupo de Whatsapp para practicar as cancións que a profe Naír vaia ensidando nas clases. E quen sabe a de noites que pode amenizar…

Cousas paralevar.

Polo demáis, levo roupa básica e ningún “porsiacaso”. O truco de enrolar a roupa aprendina dun rapaz alemán ao que hospedei mediante Couchsurfing un par de noites na miña habitación de Rumanía. E asegúrovos que se gana moito espazo doblando deste xeito!

Marcho, que teño que marchar ao Abuelo abrazar aos amigos.

Xa non queda nadiña

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s