Descubrindo Gante baixo o frío

A verdade é que o tempo, a parte do solciño do sábado, non está acompañandome nesta aventura. Pero, que se lle vai facer … «Nunca chove a gusto de todos».

Esta fin de semana quedei por Ghent (Gante) para explorar a cidade. Fixémonos cunha guía alternativa para xente xoven. Aquí tedes unha morea delas sobre varias cidades e que podedes descargar gratuitamente. Son moi útiles sobre todo se non queres gastar moitos cartos.

Recorremos a cidade e ademáis do frío atopamos unha morea de cousas interesantes:

Un cañón do siglo XV, construído para unha das guerras contra España, que só se utilizou unha vez. Dispararou un tiro que caeu xusto en fronte do cañón e aínda por riba matou a un belga. Hoxe en día é un símbolo de paz para a cidade.

Un montón de sogas ao pescozo debuxadas en calquer rincón da cidade. Éstas representan o mal que vivía a xente obreira durante o reinado de Carlos I de España, quen afogaba en impostos, para sufragar guerras, aos habitantes. Humillaba aos revolucionarios, que se opoñían a pagar estos impostos, a camiñar pola rúa descalzos, cunha camisa e unha soga ao pescozo. Un xeito indignante de meter medo ao resto dos habitantes. Actualmente esta soga é un símbolo de revolución para toda a xente de Gante.

Unha rúa adicada aos grafiteiros. É moi estreita e con paredes altas onde os artistas teñen permiso para expresar a súa arte en forma de graffitis. Aínda que había algunha tontería debuxada, paréceme unha idea moi curiosa e que ademáis está en constante movemento.

DSC_0040

Máis tarde entramos ao Museo do Deseño (2€ aos menores de 26 anos). Europa está feita para viaxar antes dos 26. En todos os museos hai descontos para quen teña menos desta idade, así que aproveitade as oportunidades que agora nos dan! Neste museo teñen unha exposición temporal que se chama «Lightopia» que nos tivo enredadas un par de horas. Unha das cousas que me resultou máis interesante foi ver a representación das cores en forma de notas musicais!

DSC_0086

Despois de comer un típico gofre belga, que aquí lle chaman Waffle, fomos na procura de máis museos sen decatarnos de que ás 17.00 horas xa están pechando… Así que despois de pasar por un cine e apuntar unha boa lista de pelis para ver, fomos cear a Lokaal que é o restaurante dun amigo de Paula. É un vexetariano ben bonito que te invita a pasar un bo rato. A súa idea principal é a de utilizar productos ecolóxicos elaborados na rodeada. En Gante todos os xoves son vexetarianos. A asociación vexetariana local EVA logrou que este día da semana nas escolas e en todos os servicios que ofrece o concello estén libres de carne. Que idea tan estupenda, non si?

Despois dunha boa cea tocaba un par de cervexas. Pedimos un par de Gulden Draak que era a recomendada do mes e compartimos mesa cunha parexa que falaba español. Coñeceranse en Formentera, cando el, un rapaz italiano, traballaba alí e ela, unha alta rapaza holandesa que facía un curso de español en Mallorca, decidiu ir de vaixe ata Formentera. Agora os dous vivían en Holanda. Non pararon de contarnos anédotas sobre as súas vidas. Eran moi faladores e moi simpáticos.

DSC_0097

Esta mañá, despois dun almorzo perfecto para repoñer forzas, fomos na procura de mercados: o mercado das flores, o de antigüedades e libros, o de roupa… Entramos nunha tenda de roupa de segunda man. Foi un suplicio. Na miña maleta non entra nada máis pero era todo tan bonito… O bon é que os prezos tiraban para atrás; despois de mercar cousas igual de bonitas en Rumanía por menos da metade de prezo, éstas facíanse un luxo que agora mesmo non me podo permitir. O que sí que me permitir foi a compra dun libro en inglés (3€) nunha librería de segunda man. Había unha morea deles e non sabía por cal decantarme ata que vin un que se chama «A travelling woman». Que mellor título ca ese para esta viaxe? Pesa pouco, así que é perfecto para engadir á mochila.

Marcho, que teño que marchar facerlle unha tortilla a Paula para que se sinta coma na casa.

Descubrindo Gante baixo o frío

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s