Últimas verbas sobre Bélxica

Despois de uns cantos días de facer e desfacer maletas, de paseos, museos e exploracións varias… adiquei un tempiño ás tarefas do máster, aos skypes coa familia e a baixar ao supermercado a facer a compra coma unha belga máis. Os prezos son máis altos que en Galicia aínda que, pola contra, hai unha amplia variedade de productos BIO máis accesibles economicamente que na nosa terra.

Non quero deixar de falar sobre o sistema de reciclaxe e recollida de lixo de Bélxica, que eu descoñecía totalmente. A reciclaxe neste país é obrigatoria. Cantas diferencias culturais e sociais hai en Europa! Aquí non podes baixar o lixo ao contenedor cando queiras xa que non hai contenedores. Dependendo da rúa na que vivas tes asignado un día para deixala ao ladiño da porta da casa. Os e as cidadáns non teñen imposto de recollida de lixo. Sen embargo teñen que usar as bolsas de lixo oficiais que poden mercar no supermercado. Creo que con este sistema a xente de aquí é máis consciente dos residuos que xeramos.

Aquí, como en moitos outros países europeos a bicicleta é o medio de transporte máis utilizado pola cidade. Tanta xente pedaleando recordoume ao meu último ano en Burgos, onde non me separaba da BH de segunda man que agora gardo no Porto do Sal. Neste aspecto son positiva e penso que que cada día, a mentalidade de máis xente tira máis cara unha conciencia ecolóxica.

DSC_0221

Esta mañá pateamos durante case dúas horas a parte máis universitaria da cidade. Non ten nada de especial, pero deixámonos levar entre conversa e conversa. Unha vez no centro da cidade entramos a ver o coñecido retablo da «Adoración do Cordeiro Místico» que unha das señoras do blablacar me aconsellou ver. Unha maneira un tanto parva de deixarnos 4€ cada unha. A igrexa, ao contrario dos museos, non fai desconto a menores de 26. Coa entrada danche un par de audio-guías para atender á explicación do retablo… as que considero necesarias para poder facerte unha idea do que se supón que os autores quixeron transmitir. Se algún día vides a Gante non vos recomendo que paguedes por ver e escoitar isto. Seguro que indagondo pola rede se poden atopar as explicacións que alí pagamos. Logo deste baixón subimos ao máis alto da máis alta torre para ver a cidade coa vista de paxaro. Son unhas vistas moi bonitas e recomendables que custan a metade que as do famoso retablo. Aquí vos deixo unha panorámica delas :

Panorama_sin_título1

A volta á casa foi, entre outras cousas, graciosa. Eu viña no portaequipos da bicicleta sen frenos de Paula. A bicileta circulaba polo carril bici que un señor tiña intención de cruzar, e a miña amiga berraba:

– «Non cruces, non cruces»

A risa interna do señor reflexábase nos seus beizos, e a nosa alegría de non levalo por diante tamén.

Agora estou enriba do colchón escribíndo a que será a última entrada sobre Bélxica. Quizáis boto de menos cidades con Bruxas ou Bélxica pero como xa as visitei fai anos non me apetecía voltar. Teño que despedirme de Paula, con quen, sen dúbida, gozarei en Galicia. Dankjewel Paula!

Marcho, que teño que marchar descansar e organizarme para mañá viaxar a Riga.

Últimas verbas sobre Bélxica

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s