Ola Letonia

Logo de viaxar en autobus dende Gante a Charleroi tiña un par de horas de espera ata o meu voo a Riga (1€ en E-dreams aínda que despois os gastos de xetión suben, e a cousa non é o que parece, era unha ganga que non podía rexeitar).

Pasei o mércores entre as páxinas de La tierra de las mujeres e as ganas de chegar.Non podo deixar atrás unha anécdota que me sacou sorrisos parvos. Estaba no aeroporto belga e antes de pasar polo control de seguridade, o cal parecía o primeiro día de rebaixas, atopei un establecemento para cambiar monedas. Había un panel grande no que se lían os nomes dos países dos que se cambiaban as moedas, e de súpeto lin «LATVIA». A verdade é que ata ese momento non pensara sobre o tema. Chego ao dependente e amablemente dígolle no meu inglés agalegado:

– Excuse me, Could I exchange from euros to Latvian money? 

E el, tamén amablemente e cun sorriso de orella a orella di:

– You are very lucky. They have euro one year ago.

Ben, ahí a miña cara de coio e outro sorriso de agradecemento e despedida ao señor dependete.

O voo, no que era a única persona con pelo negro, foi ameno. Nada máis subirme ao avión a posta de sol demostrounos toda a súa beleza con cores moradas e alaranxadas. Pasaron escasas dúas horas ata aterrizar, por primeira vez na miña vida, sobre a neve. Que ilusión, despois de cinco meses, volver a ver aos amigos da etapa do EVS en Rumanía. A miña amiga Liene, que está cuidando a dúas xemelgas rusas de seis anos faloume do bus que tiña que coller, ela saltaría dentro nunha das súas paradas. Eu, que son de levalo todo anotado en listas, ía subir a un bus e non sabía onde tiña que parar. A ilusión durou pouco. Unha vez dentro chamoume para decirme que a nai das xemelgas tardaría en chegar á casa un pouco máis do normal, así que debía baixarme nunha das paradas e esperar por ela. Así foi. Baixei onde o nome coincidía co que ela me dixera e esperei un par de minutos ata que ela chegou. Que ilusión ver de novo a esa montaña rusa de sentimentos! Liene é a muller con máis enerxía positiva que coñezo pero tamén a que máis cambia de estados de ánimos en pouco tempo.

Despois de abrazos, e volver ao inglés como lingua habitual, camiñamos entre a neve ata o seu portal. Vive ás aforas da cidade, nun piso que lle pagan os xefes, nun dos edificios soviéticos de Riga típicos da época de Jrushchov. Moitos dos edificios supúñase que eran temporais, trataban de dar un teito á tanta xente que se movía do campo á cidade. A intención era subsanar os problemas de desnutrición que había, sobre todo, en torno á clase obreira ofrecendo este tipo de fogares. Estes obxetivo precederían, en teoría, á chegada do comunismo e a unha melloría na construcción de vivendas que nunca chegaron. Hoxe en día utilízanse como propaganda demagóxica en contra de calquera sistema anticapitalista. Sen embargo non estou tan de acordo con esta imaxe. Creo que non só foi o anticapitalismo o que facía vivendas tipo colmena, mesmamente durante o franquismo en España edificáronse bloques de vivendas para a xente que migraba do rural á cidade. A pesar de que hoxe estos edificios soviéticos están obsoletos, seguen contando cunha rede de comunicacións perfecta onde o autobús pasa cada cinco minutos, a calefacción é central, teñen espazos verdes comúns, colexios próximos…

DSC_0020

Chamei ao timbre e detrás da porta tiña unha morea de apertas de Gürkan! Que ben, canto me prestan. Despois daríanme a sorpresa! O destino quere que sexamos cinco vivindo no piso. Compartirei habitación con Suzane que chegará hoxe á noite de Francia. O venres chegou Eren, un amigo de Gürkan ao que coñecín en Turquía e que está a estudar inglés en Polonia. Canta interculturalidade haberá nestas catro paredes soviéticas!

Pois ben, o xoves pasei o día aquí practicando o inglés e intercambiando anécdotas destes cinco meses en Muimenta: como é a volta ao non EVS, a ver aos amigos de sempre, a volver a vivir na casa, a non viaxar en autostop…  E por suposto falamos dos plans de futuro. Gürkan está a aprender español porque quere traballar como AU-PAIR nalgún país sudaméricano. Así que tócame facer de profesora de español uns cantos días.

Ademáis; falamos da cultura do país. En Letonia, ao contrario que en Bélxica a xente non tende a reciclar. As bicis son menos abundantes e a xente móvese moito en transporte público que custa 0,60 céntimos cada viaxe. A metade da poboación en Riga é letona mentras que a outra metade é rusa. Fálase en letón aínda que os rusos seguen a falar o seu idioma e na maioría de veces non entenden o letón. Inclusive hai colexios privados en ruso para os nenos e nenas destas familias.

O pai de Liene traballou limpando Chernobyl antes de que ela nacera. É o único do seu grupo que segue con vida. Dende aquela o seu pai e despois ela e a súa irmá pequena están nun grupo de xente con certo risco. Non sei moi ben como é iso dos grupos, pero supóñome que ao seu pais exporse a tal radioactividade elas que naceron despois son máis sensibles a certas efermidades.

O venres, eu e a miña dor de ovarios, saimos a dar un paseo e tomar un café polo casco vello da cidade. Fomos buscar a Eren á estación de autobuses e deixamos a súa pesada maleta, escodida entre as ferramentas de obreiros no baixo dun edifico en construcción. Tivemos tempo a ver unha tenda de segunda man onde me namorei 13123 veces dun par de xerséis que non collen na miña maleta. Liene marchou traballar e nós os tres fomos ao mercado (onde a maioría da poboación é maior e rusa) a facer a compra para a comida-cea. Cociñou Gürkan que está feito todo un chef!

DSC_0031

Á noite tomamos un par de cervexsas nunha festa de música techno/ house/bass… vaia unha desas ideal para o meu irmán e para o Oscariño. Canto me acordei deles! Seguro que a disfrutaban ben! E tamén me acordei da foliada frebuda de Lugo. En fin, non se pode estar a todo.

Marcho, que teño que marchar fregar a morea de pratos acumulados na cociña comunitaria.

Ola Letonia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s