Un sábado de domingo, un domingo de caídas e unha semana de repouso.

Foi un sábado que semellaba domingo. Pola mañá durmimos a mona e á tarde fixemos unha limpeza xeral do piso. Era o 25 cumpreanos de Eren e non podía quedar sen tarta. Así que un quince minutos antes de que pechara o supermercado baixamos por ela. A idea era que fose unha sorpresa pero quedouse en idea.

Suzanne chegou en taxi dende o aeroporto! Pasaran cinco meses dende a nosa viaxe de autostopistas en Turquía. Foi un mes incríble nun dos países máis recomendables que vin ata o de agora. Chegou ata o sexto e recibímola cunha morea de abrazos e preguntas. Pedimos unhas pizzas para celebralo. Hai unha pizzería que ten a oferta de que se o pedido non che chega en 49 minutos saeche de balde. Quedaban tres cando chamou o pizzeiro e toda a nosa ilusión se veu a baixo. A noite foi moi amena, entres xogos varios e a tarta. Era a favorita de Liene pero ao meu parecer non estaba moi rica.

DSC_0044

O domingo, despois de cinco duchas emprendemos camiño ao pobo de Liene. Vive a 15 minutos en autobús (2,30€). A súa nai Lolita (quen diría que unha letona teña un nome tan español, non?) tíñanos o almorzo preparado. Menuda cantidade de doces nos papamos! E todos ben ricos. Ela é mestra e na fin de semana encántalle cociñar. Vimos videos de música tradicional letona. Neles as rapazas, vestidas co traxe tradicional, levaban a coroa de flores que tan de moda está agora pola nosa terra. Naquela mesa da cociña tamén me enterei de que foi en Riga onde se comezou a decorar as árbores de nadal. A primeira árbore decorada plantouse no centro da cidade no ano 1510 e hoxe hai unha placa conmemorándoa no chan… Ao final Letonia vai ser un país con máis curiosidades das que imaxinaba! Despois de encher a barriga o seu pai levounos esquiar.

Era a miña primeira vez, estaba cagada de medo pero cunhas ganas tremendas de rir ante caídas aseguradas. Diante do piso no que vive a miña amiga hai un pequeno monte cun camiño para que a xente esquí, como o paseo do río Rato en Lugo, pero aquí en Letonia úsano para esquiar. A verdade é que as vistas son preciosas, rodeada de tanta neve e tanta árbore alta unha séntese ben pequena. O seu pai foi moi amable con nós. Estivo ensinándonos como esquiar xa que el fai o paseiño dun par de kilómetros tres veces ao día.

Eu deixábame ensinar, puxenlle moitas ganas e moitas risas. El non fala inglés e eu non falo letón, así que a clase foi mediante xestos e algunha que outra onomatopeia. A verdade é que foi moi moi divertido. Despois de caer e rir un número de veces inimaxinable a última baixada foi o punto final da patosidade personificada. Caín de cú. Pero de cú de verdade e non sabedes o que doen as mazaduras de sacro. Ao chegar á casa déronme unha pomada que me faría ben e pastillas para aguantar a dor que, según me din, terei toda a semana.

DSC_0096

Pola tarde fomos ver algunhas pequenas cidades do redor e aínda que eu non me atopaba con humor de ver nada fixen o esforzo preciso. Chegamos á casa e despois de xogar a «connection» engulimos a tarta de arándeiras de Lolita. Unha vez de volta tocoume descansar. Ao día seguinte durante o repouso obrigado entre cama e sofá planeei con Suzanne a próxima viaxe.

A idea é baixar dende Riga ata Francia pola terra, é dicir, deixando o aire para os paxaros. Parece de tolos, pero ás veces precisase un pouco de tolemia para ser feliz. Alí atopareime con Lucía, unha das miñas compañeiras de piso na universidade. Vai ser un camiño complicado pero seguro que moi divertido! O malo é que debido ao meu cú non poderemos marchar ata dentro dunha semana. Aínda que ten que ser unha semana de repouso non dubido que farei cousas interesantes. Movereime o que o cú me permita. 

Esta mañá, deixando a un lado a dor de cú, fomos a un «free tour». Trátase de persoas, maiormente estudantes de turismo, que organizan «tours» de balde. O normal é que ao final, se che gustou, lle des a propina que consideres. Parécenme unha idea estupenda e pódense atopar en calquer cidade, só tes que «googlealo» para saber a hora e o lugar de encontro. É moi doado! E ademáis se non che convence o ou a guía podes marchar cando consideres.

DSC_0135

Despois dun café ben quentiño e unhas galletas marcamos no mapa as tendas de segunda man ás que queríamos ir. Hai un montón delas pero a maioría son da cadea Humana. Esta vez non me puiden resistir e merquei 3 xerséis, 2 bufandas e 1 chaqueta de lá por 18 euros. Quédome coa conciencia ben tranquila xa que en España gastaría o mesmo por só unha desas prendas a cal sería menos orixinal porque todo o mundo a tería. Estou segura de que ninguén vestirá o mesmo en Muimenta! Dende que vivín en Rumanía namorei das tendas de segunda man, pero das de segunda man de verdade. Desas nas que podes atopar todo o inimaxinable por prezos inimaxinables e non das que van de cool e por un xersei vintage pagas o doble.

Despois de porme ao día e saber que o Dani xa está en Barcelona demos un paseiño pola cidade. A verdade é que non hai cousas moi significativas para ver, o bo foi perdernos entre as rúas, apreciar a semellanza dos edificios; típicos dos tempos soviéticos e moi diferentes dos de calquera outra cidade europea. Entre os tonos grises deles destaca algún que outro edificio colorido. Na rúa sigo a escoitar máis ruso que letón aínda que o primeiro non sexa considerada unha lingua oficial. Sobre todo nos mercados aos que fun a semana pasada e dos que hoxe nos contaron que son dos máis grandes de europa!

Marcho, que teño que marchar practicar con Gürkan o vocabulario da cociña mentras facemos a cea.

Un sábado de domingo, un domingo de caídas e unha semana de repouso.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s