Unha semana de movemento e sen tempo a teclear.

O xoves deixamos atrás Varsovia coas dificultades propias do tempo. Estaba a nevar, e o autostop baixo a neve e o frío é unha das peores sensacións que teño experimentado no que levo de vida. Menos mal que despois de dúas horas de espera e un café de por medio, un par de rapaciñas decidiron compadecerse de nós e levarnos 150 kilómetros adiante. Logo un rapaz que conducía un minibus parou para levarnos de balde ata Poznan.

Poznan é unha cidade ben bonita e alternativa. Alí atopamos unha morea de bares de distintas nacionalidades, un sinfín de cores nos edificios da praza principal e un gran parque que cruzar coa maleta ao lombo para chegar ata o noso próximo Couchsurfing. Esta vez os resultados coa plataforma non foron os esperados así que acudimos á páxina de Facebook de EVS couchsurfing. Quen mellor que voluntarios ou ex-volutarios para entender as nosas ganas de viaxar sen pagar por un hostal? Así que despois dun par de mensaxes atopamos a Misha que, unha vez alí, nos ofreceu un piso baleiro só para nós. O karma comeza a agarimarnos! 

Saír da cidade costounos un par e cafés ao frío e outro par de horas. Atopar un sitio axeitado é o máis importante e ás veces os de hitchwiki métense na autovía e eu non estou disposta a correr ese risco. Ao final foron tres traballadores que ían directos a Berlín os que nos acercaron ata o Charles Point. Foi unha tarde cansada camiñando pola cidade e cargada da mochila e o mal humor que co agobio que lle entra a Suzanne! En Berlín págase por todo, dende a wi-fi ata o baño.

O noso couchsurfing desa noite e máis os seus amigos leváronnos de festa ao sitio máis surrealista ao que teño ido. Suzanne esquecei o pasaporte na casa así que eu espereina dentro do «bar» acompañada dun par de amigos e un par de videoclips sexuais. Sí, nese sitio a xente non levaba moita roupa e a liberdade sexual que tiñan era superior á miña. Estaba claro que aquel sitio non era para mín polo que despois dun tempo de rigor decidín marchar para a habitación que compartiría cun brasileiro que estuda para facer cervexas.

Á mañá seguinte cambiamos de couchsurfing e fomos ata o piso da parella chilena que nos acolleu catro días. Con eles compartimos á súa cadeliña Pimi, unha noite de festa balcánica, un par de ceas, horas de parloteo e outras de música. Faláronme de Violeta da que lle teño que falar ao compañeiros de pandeireta!

View this post on Instagram

It`s #sunday morning! #Berlin #Party

A post shared by Paula Francos Anllo (@pauanllo) on

Case se me esquece! No medio da festa balcánica atopo a un rapaz coa camiseta da selección galega! Eu flipei. Achegueime e preguntei:

Ei! Eres galego? Eu son dun pobo de Lugo.

– Non, pero teño a camiseta porque estudo Lingua Galega e merqueina unh día en Santiago de Compostela.

Ahí aluciplifei. Un alemán que estuda galego vestía unha camiseta da nosa selección nun pub de música balcánica!

Pasamos catro días pola cidade camiñando unha media de sete horas ao día e tomándo un café cando tiñamos ganas de quentar un pouco as mans ou de mexar. Volvemos a facer un «free tour» pero desta volta a miña cabeza tivo que concentrarse moito no acento do guía americano.

En Berlín hai unha morea de cousas por ver e das que disfrutar se tes cartos pero como desta volta non era a miña situación eu vin e disfrutei das que son de libre acceso: un parque de atraccións abandonado, mercados, artistas na rúa, edificios enormes e por suposto do muro. O transporte público é unha maravilla, nunca esperas máis de cinco minutos para poder moverte por toda a cidade. A única pega é o prezo: 2,70 € por viaxe e 6,90 € polo billete diario. A conlusión foi doada, non mercarlo e facernos as «suecas» se os revisores se achegaban, que afortunadamente non foi o caso.

DSC_0499

Unha das curiosidades máis curiosas da cidade son os semáforos, especialmente na parte soviética onde unha parte deles un teñen un Ampelmännchen. E outra das curiosidades da viaxe foi o transplante dun cacho do meu pelo na rasta de Suzanne que estaba a morrer.

Saír de Berlín foi máis doado do que pensabamos, seguimos as intrucción anotadas despois de chequear GoogleMaps, e unha rapaza e o seu can pararon recollernos. Non había case espazo e o can non me deixaba mover. Estaba claro que era el o que tiña a última palabra pois a furgoneta era máis dela que miña. Paramos comer un par de galletas antes de continuar o autostop.

Logo de camiñar cantando e tocando a pandeireta e despois de tres coches dos que sorprendentemente dúas eras conductoras; chegamos ata a casa-granxa sobre permacultura na que vou a traballar como voluntaria durante unha semana. Teño moitas ganas destos oito días nos que estou segura aprenderei moito con pouco!

Marcho, que teño que marchar sociabilizarme coa gata Lucky, os seus donos e os outros dous voluntarios.

Unha semana de movemento e sen tempo a teclear.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s