Voluntariado en permacultura.

Tan só a chegada aos pobos veciños foi unha alegría. Despois de saír do inmenso Berlín aqueles camiños no medio da nada fixéronme sentir en total liberdade. O karma volvía a nós e nós non paramos de ser felices coa mochila ao lombo, a pandeireta na man e berrando todo o posible no medio da nada!

Fixéronnos falta uns cinco coches para chegar ata aquela pequena aldea onde unha parella, cansa do mundo consumista no que vivimos, mercou unhas terras e comezou a construír unha pequena casa de permacultura. Dende o primeiro momento abrín orellas, ollos e mente para empaparme de todo o que escoitase ou vise.

View this post on Instagram

Really #freedom #Alemania

A post shared by Paula Francos Anllo (@pauanllo) on

Nesta casa viven os seus donos, Vera e Johanes, que están a convivir con dous voluntarios máis a parte de nós. Un deles é de Paraguay e a outra do Reino Unido. Déronnos a benvida cun té ben quentiño para non sentir o frío daquel lugar. Trátase dunha especie de invernadoiro abandonado con bastante terreo ao redor e que eles mesmos forons aclimatando ás súas necesidades. Foi unha alegría inmensa cando compartiron con nos o

Suzanne e eu, despois dunha longa conversa, escollemos a cama de madeira. Facía un par de días que a remataran de construír e ninguén antes durmira nela. Seríamos as pioneiras en subir a escada e durmir ao carón do teito. As noites pasaron axiña entre o frío e os estalidos da madeira que predecían o peor.

Nesta casa básanse en crear unha comunidade onde a experimentación e a capacidade de compartir e aprender é o esencial. E por suposto sempre respetando ao medio ambiente! Non temos horario de traballo así que, cando o arrecendo do café chega ao meu fuciño é a hora precisa de despertar.

Nos primeiros días preparamos un contenedor para a reciclaxe de lixo. Recollemos madeira, podamos e comezamos a construír. E o que máis me gustou e que ningún de nós tiñamos a menor idea de cortar madeira ou de facer ese contenedor. O mellor foi ver o resultado do traballo en conxunto sen a necesidade de mercar ningún material. Espero que ese contenedor de reciclaxe dure un par de anos como mínimo!

DSC_0589Pasamos o día bebendo té. Pero non un calquera. Este té é unha marabilla. Fano con auga, canela, xenxibre e unha morea de especias máis incluído o chili! Cando a noite comeza a caer toca a hora de porse a cociñar ao estilo vexetariano nesta cociña da «Segunda Guerra Mundial», facer a masa para o pan (que cada día contén cereais diferentes), quentar auga por se máis tarde precisamos unha ducha …

Mentras facemos a dixestión pasamo-lo tempo xogando ás cartas, compartindo videos de Youtube, ideas políticas, sociais, experiencias e moito máis. Lembro un dos días dos que falamos acerca da meditación e Johanes comentounos sobre un tipo de meditación que se basa en estar dez días en silencio meditando unha media de dez ou once horas diarias. Chámase Vipassana e é unha das técnicas de meditación máis antigas da India. Quédome coas ganas de disfrutar desa experiencia para un pouco máis adiante.

Máis tarde vestín de artista e pincel en man comezamos a darlle cor a unha das paredes da casa. Nunca fun boa nisto de pintar ou debuxar pero parece que ante unha parede en branco a inspiración chégame mellor que ante un DIN A4. Foi unha experiencia ben bonita. Incluso diría que adictiva xa que despois da cea volvemos a coller o pincel ata as tantas da mañá.

DSC_0600

Por certo, aquí vivimos cunha gata que se chama Lucky e que me deu momentos insólitos cando a vin comendo un rato en vivo e directo. Pobre rato, canto sufriu partido en dous! Ademáis aquí as galiñas deixanse agarimar como se fosen cadeliños e nunca me decatara do suaves poden chegar a ser.

Os derradeiros días nesa casa adicámolos ás macetas de futuros tomates, calabacíns… Cada un de nós comezou cunha idea base que se ía forxando co paso do día. A miña primeira creación foi un «portamacetas» onde se poden mesturar macetas grandes e pequenas e que ademáis leva incluída unha mensaxe. Co paso dos días as ideas foron evolucionando e acabamos facendo trenzas de macetas que seguro quedan ben bonitas na primavera!

DSC_0635

Aquí aprendín moitas cousas, disfrutei de cousas pequenas, experimentei e intentei crear cousas por mín mesma, sen ninguén que me dixese que era incapaz de facelo. Aquí aprendín a respetar máis da natureza, a darlle máis valor ás cousas feitas á man, a valorar unha ducha de auga quente, a creer máis en mín mesma e tamén a morrer de envexa coa foto de camiño ao Taíña que Miguel me enviou ao Whatsapp.

Vou gardar na axenda o contacto con esta casa-granxa de permacultura á que estou segura algún día de non inverno voltarei como voluntaria.

Marcho, que teño que marchar descansar as pupilas.

Voluntariado en permacultura.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s