Baixando Alemaña, atravesando os Alpes e asentando en Italia.

A mañá que marchamos da casa-granxa foi unha das más frías dos últimos días. Deixar atrás aquel pobo no que pasaba un coche cada vinte minutos non foi nada doado. Camiñamos cerca de sete kilómetros ata que unha muller frenou ao noso carón. Eu sentei atrás co seu gato enfermo que non paraba de temblar e Suzanne ía de copiloto. Aquela señora foi ben simpática, non falaba unha palabra doutra lingua que non fose o alemán e o seu tono non semellaba amabilidade. Suzanne estivo a piques de chorar ante os «berros» daquela señora miope que só pretendía dicirnos o nome doutro pobo ata onde nos podía carretar. Que distinto soa un nome en diferentes bocas!

Ben, despois dun par de voltas ao quente volvíamos a estar a facer autostop, en case tres horas só fixéramos 20 kilómetros. A cousa non pintaba nada ben ata que unha vez máis unha muller parou para levarnos uns kilómetros adiante. Deixounos cerca de Magdeburg e alí só tiñamos que coller a estrada principal que baixa ata Múnich.

Por sorte despois duns quince minutos de espera, un rapaz letón, que traballa ao sur de Alemaña, estaba disposto a achegarnos ata Múnich. Ou iso pensabamos antes de que nos deixase no medio da autoestrada a uns 15 kilómetros da cidade. Aquel foi un dos peores momentos da miña vida. Nós, coas mochilas ao lombo no medio de tanto coche a tanta velocidade! Nunca pensei que podería saír daquel sitio e nunca tanto medo pasara! Non estaba disposta a moverme pero tiñamos que cruzar para o medio e así saír do carril que se desviaba de Múnich. Por sorte, aos cinco minutos de cruzar e pedirlle axuda ao karma un alemán e a súa furgoneta pararon na nosa axuda.

Unha vez na cidade e despois de revisar as mensaxes de Couchsurfing decatámonos de que non tíñamos onde durmir. Mentras esperamos posibles respostas de última hora decidimos unirnos á festa entroido dunha das prazas da cidade. Despois dun par de bailes e ante a falta de respostas buscamos un hostel barato no que poder descansar. Decidímonos por Meininger, no que pagamos 12€! E onde tiñamos o baño dentro da habitación! Menudo luxo! Por fin unha ducha en condicións despois dunha semana un pouco porca.

onVer Múnich baixo o sol e as fesas de entroido é espectacular! A ciudade ten dous símbolos principais que se poden ver pola rúa en diversos monumentos, edificios… Un é o monxe, que simboliza a München xa que o nome provén de munichen, unha palabra medieval que significa monxes. O segundo é un león, en honor ao fundador da ciudade, Enrique de León.

É unha cidade bonita, pero cara. E para sentirnos menos pobres entramos nun Douglas e comezamos a maquillarnos coas probas dos cosméticos máis caros. Na miña cara tiña maquillaxe de 50€, máscara de pestañas de 40€, e nos beizos un tono rosa de outros 50€. Estábamos listas para recorrer a cidade camiñando, facendo paradas para degustar comida tradicional no Viktualienmarkt, visitando a famosa cervexería Hofbraeuhaus, e un par de museos. Ademáis participamos nun concurso de Milka onde resultei ser a gañadora dunha caixiña de chocolates que papamos ao longo da tarde. A noite achegábase e esta vez foi unha parexa a que nos acolleu por unha noite. Maria e Marius son unha parexa alemana con vocación ás viaxes e á escalada. Recorreron medio mundo econ té de por medio compartiron as súas experiencias con nós!

DSC_0807

O autostop cada Italia parecía complicado xa que todo o mundo nos comenta que España e Italia son os países onde menos conductores paran a recoller autostopistas. De todas formas estábamos dispostas a intentalo! E a viaxe foi máis sinxela do esperado. Un dos coches axudounos a saír da cidade anta unha área de servizo na autoestrada e alí un par de rapaces que conducían un BMW pararon ao noso carón. Resulta que teñen una empresa de viños que se chama Zio Porco Wines. Ademáis coñecían Galicia e comentáronme que é o sitio onde mellor se come de todo o mundo. E como non eu xa comecei a botar en falta algunha que outra comida! Atravesamos os Alpes por Austria e non teño palabras para describir esas imaxes que, por moito tempo, tratarei de gardar na miña cabeza. Antes das doce da mañá xa estábamos no centro de Bolzano, onde tiñamos pensado descansar unha noite. É unha cidade pequena e tranquila, rodeada de montañas, e con moitos rincóns por descubrir!

Suzanne e eu cociñamos unha tortilla, seguramente a mellor de toda a nosa viaxe, e a rapaza que nos hospedaba cociñou Spinatknödel. Estaba todo boísimo! Á mañá seguinte collemos rumbo a Bolonia onde nos atoparíamos con Francesca, con quen vivín e viaxei durante o meu voluntariado en Rumanía. A nosa viaxe polos Balcáns foi unha auténtica aventura chea de sorte!

Chegamos á cidade, quedaramos de vernos na zona universitaria así que fomos ata a praza central dos universitarios: Piazza Giuseppe Verdi. Cheguei alí e de súpeto entraronme unhas ganas inmensas de volver á universidade! O ambiente que alí había era pouco menos inmellorable! A universidade de Bolonia é a máis antiga de occidente e sen dúbida unha das máis alternativas. A cidade está chea de vida e de cultura gracias aos estudantes!

DSC_0866

Vin a Francesca coa súa mirada única, chiscando os ollos para ver un pouco mellor con esa vista de abuela tan característica. Non lle deixei moito tempo antes de correr a xunto dela para abrazala sen perder o sorriso durante uns cantos minutos! Esta viaxe está sendo un cúmulo de reencontros máxicos que me prestan universos.

Marcho, que teño que marchar durmir unha siesta e así coller forzas para subir ata San Luca ver a posta de sol.

Baixando Alemaña, atravesando os Alpes e asentando en Italia.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s