Italia molto bella

Escribo logo de pasar unha semana rodeada de boa comida, boas cociñeiras e boas sensacións. Bolonia é unha cidade que namora por sí soa, e con sol máis aínda. Así que sí, namorei de Bolonia e da súa xente.

Os primeiros días de ruta pola cidade apreciei o romanticismo das rúas do centro onde, por lei, os edificios teñen que estar pintados de laranxa, vermello ou amarelo que lle aporta á cidade un encanto especial. Subismo a San Luca camiñando baixo o pórtico máis longo de toda Europa e coa mágoa de ver a cidade rodeada de néboa. Acompañamos ao sol polas rúas con gelatos italianos que non xeados. As diferencias entre eles non son perceptibles para o meu paladar pero para o dos italianos é unha diferencia ben obvia!

A pasta aquí, como non podía ser doutra maneira, está incriblemente rica. Un dos días mercamos pasta ao ragú nunha tendiña ben pequena onde facían eles mesmos a pasta. Creo que foi unha das mellores comidas desta vida. Sen esaxerar unha miguiña. Según din, o segredo está en cociñar a carne durante unhas dúas horas. Ademáis  (eu; que nunca fun moi amiga do queixo) aproveitei a estadía para facer fan número un do parmesano.

DSC_0832

Disfrutamos dos famosos aperitivos tan coñecidos entre os universitarios. E tamén fomos ao mercado dos venres e sábados onde merquei un aceite de amorodos que serve como perfume e que sería o culpable das dores de cabeza de quen me rodeaba. O truco, que non sabía de anteman, está en botar unha ou dúas gotas como moito. Logo de botar unha siesta para quitar esta dor saímos tomar uns viños e mover o cú nun dos bares do centro.

O sábado á noite propuxeronnos unha cea popular feita por unha organización política anticapitalista que está comezando a andar en Bolonia e outras cidades italianas. Chámanse Noi Restiamo e na súa maioría son xente nova que descarta a idea da migración ante a crise e que confían en sacar adiante o país dende o propio país. Resulta que eles «okuparon» un edificio do centro da cidade e por agora nos dous primeiros pisos vive xente que non pode pagar o seu alquiler debido á crise italiana tan semellante á española. O terceiro piso organizaron un centro no que teñen asambleas ou calquer outro tipo de eventos. Alí, entre moitas outras, colgaba a bandeira do país vasco. Foi unha noite moi amena cunha morea de conversas con xente moi interesante.

DSC_0910

Pasamos un domingo de domingo entre fogóns e recomendacións: Anotei unhas cantas recetas ben ricas para intentar cociñar no Porto do Sal. E tamén anotei en «Libros por ler» a trioloxía de Ágota Kristof que mercarei nada máis chegar á casa.

O luns, despois dun almorzo a base de cafeína, collemos as forzas para comezar o autostop e antes de chegar ao lugar axeitado tivemos un encontro co control do tren. Viaxar pola Europa sen querer gastar moito diñeiro implica, ás veces, non pagar o billete do transporte público e xogárnola a todo ou nada. Esta vez atopáronnos sen billete e o karma fixo que tivese que pagar 65 euros ao contado. Nese intre quixen coller o primeiro avión directo á miña cama. Pero despois de respirar ben forte, decateime de que non era tan malo. En mes e medio non pagamos case ningún transporte así que a culpa estaba claro que era miña. Pero aínda a sabendas de que a cula era totalmente miña non podía sentirme peor. Creo que esas malas sensacións foron as culpables de que despois de catro horas non atopásemos ningún coche que nos sacase de Bolonia. Así que recollemos as forzas e logo de camiñas 13 kilómetros coas mochilas ao lombo volvemos á casa de Francesca entre risos.

Á mañá seguinte volveríamos a intentalo pero desta vez decidimos coller un blablacar por 3 euros que nos sacase da cidade. Así polo menos estaríamos en calquera área de servizo de camiño a Francia. Primeiro escribímoslle a Fabio quen nos negou a proposta que despois outro conductor aceptou. Despois de dous coches, paramos nunha gasolineira para seguir co autostop. Alí, casualidades da vida, atopamos a Fabio, que despois de pitarlle á Suzanne, preguntounos a onde íamos. Falamoslle de calquera lugar dirección Francia e propuxémoslle se nos podía levar. Aceptou e a viaxe foi un tanto tensa, falounos de blablacar pero ninguha das partes acordou falar da mensaxe tan seca que el nos escribiu. Ao fin e ao cabo el levaríanos ata Xénova de balde polo medio da bonita Toscana, onde non me importaría mercar unha casa. Dende alí viaxei, confortablemente, ata Menton na cama dun camión.

DSC_0999

En Menton, a primeira cidade francesa na fronteira coa Italia, estaban a celebrar a 82ª festa do limón  . Pasamos a tarde descubrindo a cidade, a praia, e aluciflipando cunha das postas de sol máis bonitas que, ata o de agora, tiven en fronte miña. Pasamola noite na casa dun escritor que aceptou a nosa solicitude de couchsurfing. Esquecemos que vivíamos en febreiro e ceamos con viño e abrigos sentados na pequena terraza con vistas ao mar. Con el compartimos unha morea de pensamentos.

DSC_1088

Á mañá seguinte o karma camiñou con nós e despois dun par de croissants e sen estar a facer autostop un señor parou ao noso carón para preguntarnos a onde íamos. El viaxaba a Barcelona e nós pararíamos en Montpellier na casa de Lucía, con quen compartín os meus anos de universidade. Que ben! Un só coche para recorrer máis de 400 kilómetros.

Marcho, que teño que marchar disfrutar desta casa chea de enerxía positiva.

Italia molto bella

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s