O 702 de Montpellier é capaz de deixar a cidade nun segundo plano.

A mochila da ilusión por reencontrarme con Lucía pesaba máis que a de toda a viaxe. E eu por fin estaba alí. Diante do buzón no que podía ler o nome da miña amiga. Tocamos ao timbre e ninguén abriu a porta, así que decidimos entrar ao grito de «Lucía», quen,  despois dun par de minutos se achegou correndo dende a casa dos veciños para fundirnos nunha inmensa aperta.

Lucía matriculouse en filosofía e ten unha revista cultural online que se chama Talaria. Ela vive con tres rapaces e unha cadela. Edu, un catalán moi simpático con familia en Galicia co que pasei boa parte do tempo. Leni, o amor feito persoa. Un rapaz alemán do cal non lembro o nome e Luna; a cadela de todos. Ata que pisei o 702 non cría nas enerxías pero desta volta decateime da súa veracidade. Aquí, séntese tal enerxía positiva que non podería describir. Aquí, non hai un segundo para estar triste. Aquí, loitase polo soños desta vida sen perder o sorriso. 

DSC_1325

Levo máis dunha semana asentada nesta casa e non escribín antes porque non quixen perderme un minuto con esta xente chea de maxia. Coa cidade ao fondo, cada día é diferente. A primeira tarde sacamos a Luna de paseo e foi ahí onde comecei a namorarme desta cadeliña de 11 meses e da súa dependencia para xogar. A primeira noite achegábase e despois de falar con Lucía dun milleiro de cousas e de xogar a algún que outro xogo marchamos para a cama a descansar o cansancio acumulado durante os días anteriores.

A mañá do primeiro día en condicións fixemos un «obradoiro» de arxila. Según Leni a clave para facer algo ben bonito está en pechar os ollos ao sol e deixar que as túas mans traballen ao seu antoxo. Á tarde saímos dar unha volta pola cidade, comer por ahí e disfrutar dun café nun bar con encanto. Unha vez de volta na casa xogamos a un par de xogos. Eu quédome co Dixit. Encantoume este xogo de cartas que mercarei en canto chegue á casa para disfrutalo no local social con todos os amigos e amigos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O venres 27 era o aniversario da miña naiciña querida e non tiña moi claro como a ía sorprender ata que Lucía me dixo que tiña chamadas gratis a fixos de España. Tíñao en bandexa. Marquei o número da perruquería e despois de que Paula me collera o teléfono e chamase a miña nai tan só tardou vinte segundos en comezar a chorar, supoño que de alegría. Que ben que con só unha chamada sexa capaz de dar tanta felicidade!

Pasamos a mañá entre o xardín do 702 e o da casa do lado que ven sendo todo unha. Esta é a casa das acollidas, das idas e voltas. É a casa por onde todo o mundo pasou algunha que outra vez… E esta finde ían acoller a dous arxentinos que levan un par de anos viaxando por europa e que andaban a buscar unha granxa preto desta cidade. Ceamos na casa da nai de Leni á que Edu e máis fomos en patinete. Canto tempo facía que non subía nun! Mais tarde achegámonos ata un bar, unha especia de bar clandestino onde a improvisación musical é o primordial. Alí disfrutei como a que máis tocando a pandeireta que Leni me collera a escondidas.

O sábado tiñamos unha «Bal Masqué».para celebrar. Algún pasou a tarde facendo máscaras e carteis mentras os demáis pasabamos a resaca como podíamos disfrutando de performances de arte contemporáneo. A miña ía ser unha máscara de paxaro, que foi Suzanne a encargada de pintala mentras eu e Lucía íamos a polo suministro da noite. Na festa coñecín a moita xente pero a miña escasa capacidade de desenvolvemento no francés impediume expresarme en liberdade. Sen embargo, tiven a sorte de que moita da xente convidada falaba o español. Ademáis tivemos tempo para por LaPegatina un indispensable para mover o cú do sofá.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O domingo marchamos de picnic ao parque de Méric onde Luna aproveitou para lavarse unha miguiña e á noite continuamos coas noites de xogos. Esquecíame de falar do xogo do BigBody e do seu flow! Un xogo ben gracioso de coordinación, cante e palmas.

O luns no almorzo despedimos aos arxentinos, que volverán a finde que ven. E depois de facer os preparativos precisos marchamos cara a praia para disfrutar do día de sol e vento que se nos presentaba. A praia en inverno ten o encanto que agocha no verán chea de turistas e Luna sabía moi ben como aprecialo. Canto presta un pouco de aire fresco ao carón do mar!

DSC_1394

Estos últimos días paseamos pola cidade: fomos a tendas de telas bonitas, á mellor tetería de Montpellier, a librarías barateiras… Lucía recomendoume a lectura de «El lobo estepario» un dos únicos en español en toda a libraría. Agora xa podo disfrutar doutra lectura máis nos meus ratiños libres. Tamén merquei unha tela por 0.50 euros coa que Edu me está a facer un bolso ben chulo.

Ademáis tiven a oportunidade de escoitar un conto fermoso na boca de Leni. Está feito todo un contacontos! Como me gustaría a mín poder chegar a contalos así! Con esa expresividade facial, esa entonación tan perfecta que inclusive eu fun capaz de entender en francés!

Á noite despois de zampar un par de pasteis e aínda non sei moi ben como Edu e eu mercamos un par de billetes con destino Marrakech coa escusa de ir ao festival de música Essaouira que é de balde. Creo que o prezo barateiro dos billetes, con tantas semanas de antelación, foi o ingrediente perfecto que nos animou a mercalo.

Vivir de novo con Lucía fíxome reflexionar no que a vida nos cambiou a ambalas dúas. Dende o primeiro ano de carreira ata o de agora, no pouco que daquela sabíamos da vida e no moito que aínda nos queda por saber. En todas as aventuras de aprendizaxes,moitas delas motivadas pola crise, que vivimos xuntas e separadas. E que nos fixeron medrar moito máis como personas que como audiovisualeiras. Eleximos unha carreira complicada para atopar un traballo pero que pola contra nos acerca á cultura e nos permitiu coñecer a xente ben interesante! Eu quero ser positiva e pensar que algún día, teremos un espazo ben bonito dentro do audiovisual, e se non é así, eu xa me conformo con intentar sacar proveito das oportunidades que a crise me deu.

11025811_10153144919223564_1633020412260677343_nMenudas reflexión a primeira hora da mañá… En fin, para min a vida é disfrutala do mellor xeito posible e cada quen ten un ben diferente. Pode que a miña sexa nestas viaxes barateiras, atopando a felicidade en cousas pequenas como unha ducha quente despois de catro días, unha culler de nutella despois de horas de autostop ou unha aperta de dez minutos despois de ano e medio de distancia..

Fai un anaco, entre penas, acabo de despedir a Suzanne, quen me debuxou unha historia da nosa viaxe! Está feita unha artista e este agasallo é inmellorable! A viaxe está chegando ao seu remate e non podía ter mellor fin que o 702.

Marcho, que teño que marchar para quedar con Lucía á saída da súa andaina teatril.

O 702 de Montpellier é capaz de deixar a cidade nun segundo plano.

Un comentario en “O 702 de Montpellier é capaz de deixar a cidade nun segundo plano.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s