Festival Gnaoua; un festi ao que volver.

Catro días rodeada de música alegre, bailes, risas, mar e boa compañía. O festival de Gnaoua e músicas do mundo celébrase dende fai anos en Essaouira, a cidade do vento.

Essaouira, antiga cidade portuguesa, tamén é a cidade dos hippies grazas a artistas como Jimmy Hendrix que decidiron facer desta terra un lugar de inspiración. As moitas galerías de arte son un reflexo de que esta pequena cidade inspira a moitos artistas e deseñadores. Sentinme moi a gusto por aquelas rúas. Esa cidade esconde maxia nos seus recunchos. Sociabilizamos pola praza para coñecer historias e despois dun par de horas xa coñecía as rúas como se de Muimenta se tratase.

image

Abdoul alquilounos unha especie de faiado e a medida que o festival avanzaba a súa casa estaba máis chea de xente así que as duchas cada vez eran máis curtas. Deixovos unha fotiño para que vexades onde me duchei durante estos últimos catro días. Que ganas dunha ducha con grifo!

image

Pasamos un día con Katerín e a súa amiga Andrea que é galega. Facía dous anos que non nos víamos e puxémonos un pouco ao día recordando tempos e remexendo sentimentos bonitos.

O venres acompañamos a Fly a vender as pulseiriñas tan fermosas que vende. Intentei axudarlle co macramé pero teño que recoñecer que son moi mala para este tipo de cousas. Fixen o que puiden e acabei cun agasallo de Lucía en forma de colgante do que seguro presumirei polas festas adiante! Tanto ela como o agasallo son ben amor!

image

Este foi o meu primeiro festival onde a auga estaba por encima da cervexa. Fíxoseme ben raro non beber nada de alcohol durante todo o festival. Aquí o alcohol na rúa está prohibido e os pequenos establecementos que o teñen á venta póñeno a prezos desorbitados, que non estou disposta a pagar. Pasa o mesmo coa comida, quizáis gastar 3 euros nunha comida é ben pouco; pero se camiñas unha miguiña e saes da medina comes por 0,70 céntimos de menú anti-guiri. Edu mais eu xa tiñamos fichado o restaurante barateiro da cidade do que nos fixemos fans!

O domingo foi un día de baixón. Logo dos concertos quedamos pola praza cun grupo de rapaces moi hippies e moi simpáticos. Falaron de facer un espectáculo para gañar algo de cartos e así poder cear. Unha das rapazas era de Bélxica e dixonos que non estaba moi convecida de facer o espectáculo con lume xa que aquí a xente usa «White Spirit» que seica quiema moito máis axiña que a gasolina, producto que ela utiliza habitualmente. Ben; todo ía sobre rodas ata que, de súpeto, vin como un dos rapaces tiña a cara e o peito ardendo. Sen pensalo, todos estaban a golpes nel ou tirándolle auga para apagar o lume. O meu corazón quería saírse do peito. Nunca vira unha cousa que me impactase tanto e que me deixase tan asombrada. Ver como unha persoa se está a queimar diante túa é algo que me vai marcar a vida. Como a deste rapaz que de agora en diante as cicatrices por toda a cara, peito e mans formarán parte da súa.

image

Marchamos da casa de Abdoul para pasar a última noite durmindo na praia ao carón de dromedarios, camelos e cans pretiño da carretera para facer autostop ata Agadir.

A pesar de que no festival había moita xente de fóra as mostras de amor entre as parellas eran algo ben raro. En Marrocos están prohibidas socialmente entre homes e mulleres aínda que é ben habitual ver a dous homes abrazándose ou agarrados da man como mostra da súa amizade.
Outro dos fenómenos a analizar é a forma de aplaudir. Quen me ía dicir a min que ía recoñecer a un marroquí pola forma de bater as palmas? Por si, é posible. Eles e elas estiran os dedos e baten forte cunha man paralela á outra. Ademáis os homes aquí móvense moi ben ao ritmo da música! Xa lles gustaría a moitos festeiros!

image

O autostop fixo dividirnos e Edu máis eu marchamos á aventura cun marroquí que traballa en Alicante e que nos convidou a comer polo camiño.
O noso couchsurfing de Agadir, unha cidade sen moito interés turístico, está sendo todo un descubrimento. É unha persoa moi amable cunha casa fermosa. Un dos seus amigos é mago en hoteles e convidouno para facernos un espectáculo de maxia. Acordeime de Charly que seguro lle prestaba ben!

image

Marcho; que teño que marchar durmir unha miguiña mentras seca a roupa que sacamos da lavadora.

Festival Gnaoua; un festi ao que volver.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s