Dous días no paraíso

Menudo almorzo o que nos preparou Khalil! Non faltaba nadiña: mel, café, aceite de argán, pan de pita, marmelada de amorodos e de melocotóns, un par de ovos á francesa, aceitunas…  Logo de repoñer forzas, marchamos na procura do paraíso tal e como nos recomendaran polo festi adiante.

image

Collemos un taxi (1€ persona) ata unha pequena vila da que non recordo o nome. Alí, e despois de saber que nos cobrarían o dobre por ser estranxeiros, decidimos sacar o dediño e facer autostop. Edu e eu saímos á estrada e uns minutos despois parou o primeiro coche. E aló foron Lucía, Fly e o noso amigo Abdelhammid ao que coñecemos polas rúas de Essaouira. Edu, eu e a nosa cara pelada aínda pasamos un tempiño agardando outro amable conductor! Ao final chegamos en 4×4 cunha parella de Casablanca á que convidamos a visitar o val.

Este lugar, perdido do mundo, é incríbel. Garda maxia en cada unha das súas pedras que forman o val do paraíso. Aquí estamos a vivir a vida sen máis complicacións que as de manter o equilibrio polo medio dos coios ben esvaradizos.

image

O noso amigo Abdelhammid prestounos unha tenda e a súa compañía para acampar dúas noites neste fermoso val marroquí. El é un home ben raro, non fala moito e toma decisións grupais por el mesmo. É garda de seguridade nun bloque de edificios de Rabat e recorreuse Marrocos a pé durante catro anos. Protexeu a tenda dos animais esparcindo ao redor dela la de ovella queimada con auga. Seica iso espanta os animais.

Ao final do camiño que se perde polo val hai unha zona onde unha morea de rastas e algún que outro non rasta pasa os días e as noites. É un lugar espectacular que só se pode sentir unha vez aquí. Acampamos por alí e adoptamos unha cadeliña á que lle chamamos «Murci» de Murciélaga. Que bonitiña era! A pobre non podía ter máis pulgas e carrachas e co paso dos días funlle collendo un cariño especial. Seguíanos a todas partes e xa formaba parte da nosa familia! A que é moi bonitiña? Seguro que a Andrea lle presta 😉

image

Compartimos cancións de pandeireta con cancións bereberes ao redor do lume e baixo un ceo cheo de estrelas! E que estrelas! Non había lugar mellor para miralas.

O segundo día no paraíso saín coa mochila ao lombo disposta a pasar o día comigo mesma. Estar nun sitio coma este da pé a pensar sobre esta vida. Filosofar sobre a propia, rodeada de descoñecidos, é canto menos agradábel! Sen embargo o día solitario durou ata que Edu berrou o meu nome dende o medio das pedras. Ambo-los dous argallamos, como puiden, entre as pedras ata atopar unha cascada cunha poza pequena. Que ben se estaba alí!

image

Esa noite o noso amigo decidiu cambiar o campamento de sitio (sen consultar) e movémonos máis preto da saída onde acampaban unha parella que Fly e Lucía coñeceran no festi. Pola mañá e despois de preparar o almorzo co que había chegou a policía marroquí cun don aire desmesurado e púxose a romper as tendiñas que por aquí acampaban. Nese intre Edu e eu estábamos a pregar a de Abdelhammid! Que alivio!

Volvemos á pequena vila nun gran  taxi que eu chamaría pequeno autobús. Íamos moi ben acompañados de marroquíes que compartiron con nós cantos, galletas, zumos e algún que outro cigarro. Dende a vila chegamos a Agadir en autostop cuns homes moi amables que nos achegaron ata a estación de autobuses, como así acordáramos cos demáis viaxeiros.

Deixamos o val do paraíso para pasar a derradeira noite en Marrocos de volta co noso couchsurfing!

image

Marcho; que teño que marchar beber un té antes de cociñar unhas tortillas.

Dous días no paraíso

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s