Doces despedidas.

Por fin, despois de 11 días, pasei por debaixo dunha ducha e sen caciños de por medio! Non sabedes ben canto a disfrutei!

A última noite en Agadir, logo de cear un revolto do que ían ser dúas tortillas e un pouco de pan (ben barato porque aquí é subvencionado polo goberno), celebramos o cumpre de Edu cunha morea de galletas! Que ben sabes os doces marroquíes! Creo que son os doces máis ricos que degustei nesta vida! Á mañá seguinte collemos un autobús ata Marraquech e despois dunhas compras de última hora marchamos cara o aeroporto.

image

Como non podía ser doutra forma, os taxistas achegábanse en manadas para conseguir ese desexado traxecto ata o aeroporto. Pero Edu sabía dun autobús que nos levaría por 4dh (0,40€) ata un barrio ben pretiño. A miña cara era o reflexo da angustia de non chegar a tempo! Pero eles tranquilizáronme e despois dunhas carreiriñas polo aeroporto de Marrakech cheguei ao avión cando estaban a embarcar! Non ler o billete fíxome perder algo de tempo. Non sabía que a pesar de non facturar tiñas que acudir ao mostrador para que che selasen o billete! Lección aprendida!

Deixei abrazos de despedidas, xa que de seguro volverei a ver a esta especial xentiña nalguha parte do mundo! Lucía volverá para darme unha sorpresa o día menos esperado. E con Edu leveime tan ben que de seguro acompañará a Lucía para facerme rir 😉

image

Marrocos ao fin e ao cabo foi unha viaxe rápida onde só tiven tempo de coñecer tres cidades e bastante cultura. Aínda me queda moito por descubrir nestas terras ás que de seguro voltarei algún día cun pouco de máis tempo! A xente aquí é moi hospitalaria. É moi aberta a falar coa xente de fóra. A pesae de que non me gusta xeralizar teño que recoñecer que cada vez que mantiña unha conversa tiña a sensación de que me querían vender algo. E é que aquí víante coa mochila ao lombo e unha mesma persoa ofrecíache cama, comida, taxi, viaxes programados, porros…. Calquera que fose a túa necesidade estaba na man do primeiro home que te atopases. E sí, falo de homes, porque as mulleres no sector do turismo adícanse ás tatuaxes ou a lerche o futuro.

En Marrocos as mulleres aínda están un pouco lonxe, como noutros países, de alcanzar a igualdade, cando debería ser algo natural que non fixese falta alcanzar.

image

Volvo á casa e deixo atrás a Aisha, tal e como me chamaron por estos mundos, ese té tan rico que intentarei facer no Porto do Sal. Deixo atrás un país no que case fun piropeada máis veces que en toda a miña vida, onde me confundían con bereber e onde disfrutei do sol ao máximo!
Pero volvo á casa, á familia que tan importante é para a cultura musulamana e xunto cos amigos para mín tamén.

Marcho; que teño que marchar espertar a Claudia entre achuchóns!

Doces despedidas.

Deja un comentario