Voluntariado en permacultura.

Tan só a chegada aos pobos veciños foi unha alegría. Despois de saír do inmenso Berlín aqueles camiños no medio da nada fixéronme sentir en total liberdade. O karma volvía a nós e nós non paramos de ser felices coa mochila ao lombo, a pandeireta na man e berrando todo o posible no medio da nada!

Fixéronnos falta uns cinco coches para chegar ata aquela pequena aldea onde unha parella, cansa do mundo consumista no que vivimos, mercou unhas terras e comezou a construír unha pequena casa de permacultura. Dende o primeiro momento abrín orellas, ollos e mente para empaparme de todo o que escoitase ou vise.

View this post on Instagram

Really #freedom #Alemania

A post shared by Paula Francos Anllo (@pauanllo) on

Nesta casa viven os seus donos, Vera e Johanes, que están a convivir con dous voluntarios máis a parte de nós. Un deles é de Paraguay e a outra do Reino Unido. Déronnos a benvida cun té ben quentiño para non sentir o frío daquel lugar. Trátase dunha especie de invernadoiro abandonado con bastante terreo ao redor e que eles mesmos forons aclimatando ás súas necesidades. Foi unha alegría inmensa cando compartiron con nos o

Suzanne e eu, despois dunha longa conversa, escollemos a cama de madeira. Facía un par de días que a remataran de construír e ninguén antes durmira nela. Seríamos as pioneiras en subir a escada e durmir ao carón do teito. As noites pasaron axiña entre o frío e os estalidos da madeira que predecían o peor.

Nesta casa básanse en crear unha comunidade onde a experimentación e a capacidade de compartir e aprender é o esencial. E por suposto sempre respetando ao medio ambiente! Non temos horario de traballo así que, cando o arrecendo do café chega ao meu fuciño é a hora precisa de despertar.

Nos primeiros días preparamos un contenedor para a reciclaxe de lixo. Recollemos madeira, podamos e comezamos a construír. E o que máis me gustou e que ningún de nós tiñamos a menor idea de cortar madeira ou de facer ese contenedor. O mellor foi ver o resultado do traballo en conxunto sen a necesidade de mercar ningún material. Espero que ese contenedor de reciclaxe dure un par de anos como mínimo!

DSC_0589Pasamos o día bebendo té. Pero non un calquera. Este té é unha marabilla. Fano con auga, canela, xenxibre e unha morea de especias máis incluído o chili! Cando a noite comeza a caer toca a hora de porse a cociñar ao estilo vexetariano nesta cociña da «Segunda Guerra Mundial», facer a masa para o pan (que cada día contén cereais diferentes), quentar auga por se máis tarde precisamos unha ducha …

Mentras facemos a dixestión pasamo-lo tempo xogando ás cartas, compartindo videos de Youtube, ideas políticas, sociais, experiencias e moito máis. Lembro un dos días dos que falamos acerca da meditación e Johanes comentounos sobre un tipo de meditación que se basa en estar dez días en silencio meditando unha media de dez ou once horas diarias. Chámase Vipassana e é unha das técnicas de meditación máis antigas da India. Quédome coas ganas de disfrutar desa experiencia para un pouco máis adiante.

Máis tarde vestín de artista e pincel en man comezamos a darlle cor a unha das paredes da casa. Nunca fun boa nisto de pintar ou debuxar pero parece que ante unha parede en branco a inspiración chégame mellor que ante un DIN A4. Foi unha experiencia ben bonita. Incluso diría que adictiva xa que despois da cea volvemos a coller o pincel ata as tantas da mañá.

DSC_0600

Por certo, aquí vivimos cunha gata que se chama Lucky e que me deu momentos insólitos cando a vin comendo un rato en vivo e directo. Pobre rato, canto sufriu partido en dous! Ademáis aquí as galiñas deixanse agarimar como se fosen cadeliños e nunca me decatara do suaves poden chegar a ser.

Os derradeiros días nesa casa adicámolos ás macetas de futuros tomates, calabacíns… Cada un de nós comezou cunha idea base que se ía forxando co paso do día. A miña primeira creación foi un «portamacetas» onde se poden mesturar macetas grandes e pequenas e que ademáis leva incluída unha mensaxe. Co paso dos días as ideas foron evolucionando e acabamos facendo trenzas de macetas que seguro quedan ben bonitas na primavera!

DSC_0635

Aquí aprendín moitas cousas, disfrutei de cousas pequenas, experimentei e intentei crear cousas por mín mesma, sen ninguén que me dixese que era incapaz de facelo. Aquí aprendín a respetar máis da natureza, a darlle máis valor ás cousas feitas á man, a valorar unha ducha de auga quente, a creer máis en mín mesma e tamén a morrer de envexa coa foto de camiño ao Taíña que Miguel me enviou ao Whatsapp.

Vou gardar na axenda o contacto con esta casa-granxa de permacultura á que estou segura algún día de non inverno voltarei como voluntaria.

Marcho, que teño que marchar descansar as pupilas.

Voluntariado en permacultura.

Unha semana de movemento e sen tempo a teclear.

O xoves deixamos atrás Varsovia coas dificultades propias do tempo. Estaba a nevar, e o autostop baixo a neve e o frío é unha das peores sensacións que teño experimentado no que levo de vida. Menos mal que despois de dúas horas de espera e un café de por medio, un par de rapaciñas decidiron compadecerse de nós e levarnos 150 kilómetros adiante. Logo un rapaz que conducía un minibus parou para levarnos de balde ata Poznan.

Poznan é unha cidade ben bonita e alternativa. Alí atopamos unha morea de bares de distintas nacionalidades, un sinfín de cores nos edificios da praza principal e un gran parque que cruzar coa maleta ao lombo para chegar ata o noso próximo Couchsurfing. Esta vez os resultados coa plataforma non foron os esperados así que acudimos á páxina de Facebook de EVS couchsurfing. Quen mellor que voluntarios ou ex-volutarios para entender as nosas ganas de viaxar sen pagar por un hostal? Así que despois dun par de mensaxes atopamos a Misha que, unha vez alí, nos ofreceu un piso baleiro só para nós. O karma comeza a agarimarnos! 

Saír da cidade costounos un par e cafés ao frío e outro par de horas. Atopar un sitio axeitado é o máis importante e ás veces os de hitchwiki métense na autovía e eu non estou disposta a correr ese risco. Ao final foron tres traballadores que ían directos a Berlín os que nos acercaron ata o Charles Point. Foi unha tarde cansada camiñando pola cidade e cargada da mochila e o mal humor que co agobio que lle entra a Suzanne! En Berlín págase por todo, dende a wi-fi ata o baño.

O noso couchsurfing desa noite e máis os seus amigos leváronnos de festa ao sitio máis surrealista ao que teño ido. Suzanne esquecei o pasaporte na casa así que eu espereina dentro do «bar» acompañada dun par de amigos e un par de videoclips sexuais. Sí, nese sitio a xente non levaba moita roupa e a liberdade sexual que tiñan era superior á miña. Estaba claro que aquel sitio non era para mín polo que despois dun tempo de rigor decidín marchar para a habitación que compartiría cun brasileiro que estuda para facer cervexas.

Á mañá seguinte cambiamos de couchsurfing e fomos ata o piso da parella chilena que nos acolleu catro días. Con eles compartimos á súa cadeliña Pimi, unha noite de festa balcánica, un par de ceas, horas de parloteo e outras de música. Faláronme de Violeta da que lle teño que falar ao compañeiros de pandeireta!

View this post on Instagram

It`s #sunday morning! #Berlin #Party

A post shared by Paula Francos Anllo (@pauanllo) on

Case se me esquece! No medio da festa balcánica atopo a un rapaz coa camiseta da selección galega! Eu flipei. Achegueime e preguntei:

Ei! Eres galego? Eu son dun pobo de Lugo.

– Non, pero teño a camiseta porque estudo Lingua Galega e merqueina unh día en Santiago de Compostela.

Ahí aluciplifei. Un alemán que estuda galego vestía unha camiseta da nosa selección nun pub de música balcánica!

Pasamos catro días pola cidade camiñando unha media de sete horas ao día e tomándo un café cando tiñamos ganas de quentar un pouco as mans ou de mexar. Volvemos a facer un «free tour» pero desta volta a miña cabeza tivo que concentrarse moito no acento do guía americano.

En Berlín hai unha morea de cousas por ver e das que disfrutar se tes cartos pero como desta volta non era a miña situación eu vin e disfrutei das que son de libre acceso: un parque de atraccións abandonado, mercados, artistas na rúa, edificios enormes e por suposto do muro. O transporte público é unha maravilla, nunca esperas máis de cinco minutos para poder moverte por toda a cidade. A única pega é o prezo: 2,70 € por viaxe e 6,90 € polo billete diario. A conlusión foi doada, non mercarlo e facernos as «suecas» se os revisores se achegaban, que afortunadamente non foi o caso.

DSC_0499

Unha das curiosidades máis curiosas da cidade son os semáforos, especialmente na parte soviética onde unha parte deles un teñen un Ampelmännchen. E outra das curiosidades da viaxe foi o transplante dun cacho do meu pelo na rasta de Suzanne que estaba a morrer.

Saír de Berlín foi máis doado do que pensabamos, seguimos as intrucción anotadas despois de chequear GoogleMaps, e unha rapaza e o seu can pararon recollernos. Non había case espazo e o can non me deixaba mover. Estaba claro que era el o que tiña a última palabra pois a furgoneta era máis dela que miña. Paramos comer un par de galletas antes de continuar o autostop.

Logo de camiñar cantando e tocando a pandeireta e despois de tres coches dos que sorprendentemente dúas eras conductoras; chegamos ata a casa-granxa sobre permacultura na que vou a traballar como voluntaria durante unha semana. Teño moitas ganas destos oito días nos que estou segura aprenderei moito con pouco!

Marcho, que teño que marchar sociabilizarme coa gata Lucky, os seus donos e os outros dous voluntarios.

Unha semana de movemento e sen tempo a teclear.

Baixando por Europa que é xerundio.

Despois dun sábado de bailes no sofá e cociñando «fillogas» en familia, o domingo comezamos a viaxe ao sur.

As penas das despedidas agocheinas nas ganas de emprender a viaxe ata o sur. Esta vez con Suzanne! Viaxar acompañada ten os seus beneficios pois xa teño a quen darlle a lata, con quen rir e sobre todo con quen compartir. Nas viaxes de mochileiros o de compartir é principal, pois; precisas dúas pastas de dentes? dous botes de champú? Un para compartir é o máis axeitado. O peso da mochila baixará e nós fomentaremos a faceta de compartir!

10967292_10205457220728358_753112743_o

Levantámonos cedo para preparar as maletas e despois de ir mercar un par de tomates e uns boliños de pan o tempo decidiu por nós aplazar o autostop. Así que achegámonos ata a estación de autobuses para coller o máis barato ata Vilnuis, capital de Lituania. Chegamos de noite e despois de disfrutar unha pizza por 2€ fomos na procura da casa do Couchsurfer que nos ía hospedar por dúas noites.

Chámase Jesús e resulta que é español, de La Rioja, estivo facendo un voluntariado europeo en Lituania e despois de vivir en Polonia ca moza decidiu volver a Lituania para traballar. En España non atopaba traballo e el é un aventureiro ao que lle gusta viaxar e descubrir novas culturas. Traballa nunha multinacional pero tamén fai recados de traductor de vez en cando. Despois de coñecernos un pouco fomos tomar unha cervexa a un dos sitios máis feos de todo Vilnius, pero que estaba preto da súa casa.

O luns exploramos Vilnius e teño que decir que foi maravilloso. É unha cidade preciosa, chea estreitas rúas con casas de cores e moita arte. Hai un distrito que se chama Uzupis e que un sector da poboación denominou como república dentro da capital e que significa «ao outro lado do río». Non hai fronteiras físicas pero declarouse como tal no ano 97 e donde antes vivían rusos e xudíos, despois do Holocausto foi ocupado primeiro por ladróns, prostitutas, xente sen fogar… e posteriormente por bohemios e artistas. É unha especie de símbolo artístico en todo o país que incluso ten a súa propia constitución. Entre os seus artigos están:

–  «Todo o mundo ten dereito a non ser amado, pero non necesariamente»

–  «Un can ten dereito a ser un can»

– «Todo o mundo ten dereito a celebrar ou non o seu cumpreanos»

– «Todo o mundo é responsable da súa propia liberdade»

DSC_0012

Pasamos a tarde cunha amiga de Suzanne do EVS que vive alí, pero que desta vez non nos podía hospedar; aínda así preparounos un xantar digno de celebrar. Despois de patear a cidade, chegamos á casa de Jesús, vimos xuntos a película «As ruínas» e caemos rendidas.

Á mañá seguinte comezaba a aventura do autostop, esta vez o tempo acompañounos, así que despois de mirar en hitchwiki o mellor lugar para ensinar o noso cartón, pillamos o autobús ata a derradeira parada, camiñamos unha miguiña máis e listas para papar frío e parar coches. Non esperamos moito ata que un rapaz que se chama Edgar parou para levarnos ata Marijampolė. Non era a ruta que tíñamos planeada, pero non nos viña mal de todo, así que deixámonos levar. Resulta que Edgar non fala moito inglés e Suzanne ten a manía de quedar durmida cando vai en coche; así que eu e a miña dor de pandeiro disfrutamos das vistas lituanas. El deixounos preto da parada de autobuses polo que tivemos que camiñar uns cantos kilómetros ata un sitio decente para facer autostop. Os coches non paraban e nós estábamos en proceso de conxelación así que paramos para un café.

Despois desta dose de cafeína e co corpo unh pouco máis quente un coche parou para levarnos 7 kilómetros adiante. Todo se agradece, pero resulta que nos puxo na carretera vella, así que demos a volta coas mochilas ao lombo e dispostas a camiñar ata a carretera nova. Na camiñata un coche con 3 rapaces parou para levarnos ata a carretera axeitada. O camiño era ben corto pero resulta que pararon nun taller non sabemos moi ben a que… aínda que no lo imaxinamos.

Por fin, estábamos no sitio idóneo e dous minutos despois de levantar o cartón dous camioneiros polacos pararon para recollernos. Cada unha foi nun dos camións. Eu ía diante e podía ver polo espello retrovisor a cara de Suzanne caendo co sono no camión de atrás. Eu intentei falar co conductor pero era un pouco complicado; el só falaba en poláco. Unha vez máis a linguaxe corporal e un bolígrafo foron de axuda para saber que el vivía ao este de Polonia e que nos deixaría a 35 kilómetros do noso destino. As vistas dende o camión fixéronme sentir no medio da película de Frozen que tanto me gusta.

10965471_10205457220488352_116724258_n

Tíñamos 35 kilómetros por diante e estábamos nun pobo bastante grande así que decidimos camiñar para atopar un bo sitio e continuar a nosa viaxe a dedo. No camiño un par de rapaces que estaban metendo maletas no coche alzaron a man e no que parecía un saúdo fixeron que nos achegásemos e máis tarde que nos levaran ata Augustow, onde tíñamos o couchsurfing planeado. Estos dous polacos de ollos azuis foron ben amables con nós, todo o tempo preguntando e facéndonos saber sobre o país. Adiantando malas novas para Suzanne, xa que os pratos típicos non son vexetarianos en absoluto. Foi unha pena non gardar o contacto de algún deles!

Visitamos a cidade de Augustow con «PaulaSka», a nosa couchsurfing un tanto diferente. Resulta que é unha rapaza de 21 anos que é moi atenta pero que se lle esqueceu contarlle aos seus pais que dúas descoñecidas ían durmir na súa casa. Sentínme bastante incómoda, xa que nós nos tíñamos a menor idea de que vivía con seus pais e menos aínda que non lles falase desta visita! É o que ten couchsurfing! Podes atopar calquera cousa, incluso que acabes durmindo nunha habitación cun par de tarántulas gordas e feas.

Esta mañá a sorte estaba do noso lado! Fixemos un almorzo rápido en kaufland e ao saír o destino quixo que nos atopáramos cun castelo de caixas de cartón ideais para o autostop. Non perdemos o tempo e ás 8.00 da mañá xa estábamos intentando chegar ata Varsovia, a capital de Polonia. Foi tan xenial que despois de 5 minutos de espera unha furgoneta que conducía dende Finlandia parou para levarnos directas ata Varsovia. Mellor imposible. Un coche directo ata o noso destino. Como se tivesemos limusina propia. Non lembro o nome polaco do conductor, un home duns trinta e moitos anos que é xuez de algo relacionado coas motos e que viaxaba de volta á casa despois dunha competición. El estaba cheo de tatuaxes, pantalóns de militar, botas de motorista e cadeas a xogo. Suzanne volveu durmir un par de horas e eu preguntaba.

Pasamos o día visitando a capital coa maleta ao lombo sen esquecernos das paradas cada 20 minutos con masaxes incluídas! É unha técnica que me ensinou Suzanne e que sen duda usarei máis veces. O casco vello de Varsovia é moi bonito e unha das cousas máis curiosas foi atopar unha palmera no medio da rúa. Din que é a máis famosa de toda centroeuropa, e que non pinta moito non país tan frío.

DSC_0114

A noite achegábase e despois da complicada tarefa de atopar a dirección do noso couchsurfing de Varsovia, por fin sacamos a maleta do lombo. Esta noite durmimos no piso dunha parella coa que Jesús nos puxo en contacto e que son moi simpáticos. Tamén lles gusta viaxar e fai nad que viñeron das Illas Canarias.

Todo o mundo que me atopo está namorado de España, dos españoles e das españolas, da tortilla, a paella, a siesta e as tapas. En xeral, España é un país que cae ben a Europa e os seus habitantes son xente aberta, amable e divertida. Ou iso é o que se dí por aquí adiante.

Marcho, que teño que marchar facer o sofá para descansar que mañá é outro día.

Baixando por Europa que é xerundio.

Derradeiros días letóns entre xeo e neve.

O meu traseiro pedía un día de descanso. Pasei o día e máis a tarde entre cremas e botellas de auga quente. Fixemos limpeza de piso, axudei a Gürkan co español.. E o máis importante, Suzanne e eu puxémonos a planear, máis ou menos, a viaxe por Europa por días, deste xeito saberíamos cando chegar ata o sur de Francia e así comezar a enviar solicitudes en Couchsurfing nasdiferentes cidades e mirar voos para a volta á casa, que nun principio sería a primeira quincena de marzo. Serán 3.629 kilómetros que nos quedan por diante.

Á noite saimos tomar un pouco o frío ata o casco vello da cidade, non sen antes esquecernos de darlle un trago ao bálsamo negro, o licor de herbas típico de Letonia. Fomos a un bar onde o ambiente semellaba o da festa da terceira clase do Titanic. As parellas brincaban con moito ritmo en fronte dunha banda. A pesar de que o ambiente era moi bonito, nós só nos animamos a bailar unha das pezas. Sentíndoo ben eu aínda non estaba para dar saltos.

DSC_0219

Estivemos bebendo unha xarra de cervexa que pedimos ao azar! Entre tanto nome diferente calquera sabe escoller. Pedimos a máis barata, xa que non estamos como para ir tirando cartos. E a verdade é que non estaba nada mala! Incluso probamos un par de picatostes que a xente deixaba na bandexa e que Gürkan se encargaba de coller para a nosa mesa antes de que fose tirado….

Tras os anos de represión baixo o réxime soviético a cultura letona, baixo o concepto de identidade letona, comezou a resurxir e vese reflexado por exemplo na reapertura da Ópera de Riga. Coñecín a unha amiga de Liene. Ela baila «dainas» que é como se chama o baile folclórico tradicional letón, de vez en cando fan representacións na capital, pero o mes que vén ela e máis os seus compañeiros vanse a Pekín a dar un concerto de baile. A maioría destes bailes típicos son baladas tristes, pero algunha delas ten un final rápido con moito movemento moi bonito de ver.

O xoves prometía ser un gran día. Era o 25 cumpreanos de Gürkan. Pola mañá achegámonos ata a costa. Foi a primera vez na miña vida que vin a praia con neve. É unha sensación maravillosa. Chegar e ver un espazo tan amplo e ao mesmo tempo baleiro. As nosas eras as únicas pisadas na neve sobre a area. Creo que é algo así como ver o mar por primeira vez. A sensación de liberdade que alí sentín é impagable!

DSC_0274

Máis tarde e para repoñer forzas comemos nun restaurante que se chama LIDO e que ao parecer é moi coñecido na cidade. Este é un dos restaurantes no que pagas polo prato. É dicir, un prato grande son 4.30€ e un pequeno 2,20€. Os castelos de comida que fixemos no prato eran dignos dun museo.

Chegou o momento do agasallo que lle fixemos a Gürkan! Que emoción, estaba segura de que lle ía encantar! Levámolo ao scaperoom de Riga! Eu non tiña nin idea da existencia destas habitacións pero resulta que as hai en todas as partes do mundo! Que idea tan xenial para pasar unha tarde con amigos e utilizar un pouco a túa intelixencia! Trátanse dun xogo de aventuras con habitacións reais das cales tes que saír utilizando elementos do interior. Nós eliximos a prisión para facer o xogo. Tíñamos por diante 60 minutos para intentar saír dela e tres portas que abrir. Non se me deu nada mal, buscamos códigos en todo o que víamos, chaves, posicións, mapas, caixas fortes, esqueletos…. en fin, supoño que o de ter que entendernos en inglés nun caso coma este restounos puntos, pero ao fin e ao cabo conseguímolo dous minutos antes de que se nos acabase o tempo! Foi toda unha experiencia que seguro repetirei!

De volta á casa, subimos ao 26 piso dun dos hoteis máis altos da cidade. Dende o baño de mulleres pódese disfrutar, a través de cristais, dunhas vistas da cidade fermosas. Unha mágoa que as ventanas non abran! Por certo, foi aquí, dende as alturas, onde me enterei de que a lingua letona non ten palabrotas. A xente que fala letón utiliza as palabrotas do ruso. Que curioso me parece!

Despois da rica tarta de chocolate que nos papamos coa excusa do cumpreanos era o turno de Winnie. Coma todos os días, antes de durmir. Non sei como non escribín antes dela. Winnie é unha bruxa moi divertida que ten un gato moi simpático. Trátase dunha colección de libros de Oxford para nenos e non tan nenos, que Liene tiña no piso porque os utiliza coas xemelgas rusas. Teño que dicir que eu son a fan número un destos libros. E que en canto esté na casa mercareilles un par deles á Claudia e ao David!

O sábado aínda non me atopaba ao cen por cen, así que decidimos cambiar o de ir ao monte durante todo o día para facelo só pola mañá. Estiven andando sobre un lago!! Que de cousas ten a vida! Quen me ía contar que podería estar andando encima dun lago sen mollarme! Unha vez máis unha primeira vez, que endexamáis esquecerei! Alí achegueime ata un señor que estaba a pescar, e entre risas e cara de estupecfacción entendémonos ben.

DSC_0412

Á tarde aproveitei para enviar unha caixa á perruquería. A roupa de segunda man que merquei pesa bastante e a miña mochila ten que ser lixeira se quero chegar ata Francia con ela ao lombo. Costoume 30€, quizáis un pouco caro, así que intentei meter todo o que sería prescindible para a viaxe. Incluso o libro de Sandra Barneda do que me quednan 20 páxinas por ler e ás que lle saquei fotos co móbil para poder rematalo, sen peso, polo camiño. Pedín unha caixa no primeiro supermercado que vin, a cal os meu amigos se encargaron de pintar… Alí metería a roupa de segunda man que irá directa á casa e que de seguro vai disfrutar meu irmán antes da miña chegada! Ás veces é todo un gusto o de compartir xerséis molonguis entre irmáns.

Marcho, que teño que marchar, poñer a lavadora antes de deixar Letonia e preguntar polo Whatsapp como vai o parto do Cómaro.

Derradeiros días letóns entre xeo e neve.

Un sábado de domingo, un domingo de caídas e unha semana de repouso.

Foi un sábado que semellaba domingo. Pola mañá durmimos a mona e á tarde fixemos unha limpeza xeral do piso. Era o 25 cumpreanos de Eren e non podía quedar sen tarta. Así que un quince minutos antes de que pechara o supermercado baixamos por ela. A idea era que fose unha sorpresa pero quedouse en idea.

Suzanne chegou en taxi dende o aeroporto! Pasaran cinco meses dende a nosa viaxe de autostopistas en Turquía. Foi un mes incríble nun dos países máis recomendables que vin ata o de agora. Chegou ata o sexto e recibímola cunha morea de abrazos e preguntas. Pedimos unhas pizzas para celebralo. Hai unha pizzería que ten a oferta de que se o pedido non che chega en 49 minutos saeche de balde. Quedaban tres cando chamou o pizzeiro e toda a nosa ilusión se veu a baixo. A noite foi moi amena, entres xogos varios e a tarta. Era a favorita de Liene pero ao meu parecer non estaba moi rica.

DSC_0044

O domingo, despois de cinco duchas emprendemos camiño ao pobo de Liene. Vive a 15 minutos en autobús (2,30€). A súa nai Lolita (quen diría que unha letona teña un nome tan español, non?) tíñanos o almorzo preparado. Menuda cantidade de doces nos papamos! E todos ben ricos. Ela é mestra e na fin de semana encántalle cociñar. Vimos videos de música tradicional letona. Neles as rapazas, vestidas co traxe tradicional, levaban a coroa de flores que tan de moda está agora pola nosa terra. Naquela mesa da cociña tamén me enterei de que foi en Riga onde se comezou a decorar as árbores de nadal. A primeira árbore decorada plantouse no centro da cidade no ano 1510 e hoxe hai unha placa conmemorándoa no chan… Ao final Letonia vai ser un país con máis curiosidades das que imaxinaba! Despois de encher a barriga o seu pai levounos esquiar.

Era a miña primeira vez, estaba cagada de medo pero cunhas ganas tremendas de rir ante caídas aseguradas. Diante do piso no que vive a miña amiga hai un pequeno monte cun camiño para que a xente esquí, como o paseo do río Rato en Lugo, pero aquí en Letonia úsano para esquiar. A verdade é que as vistas son preciosas, rodeada de tanta neve e tanta árbore alta unha séntese ben pequena. O seu pai foi moi amable con nós. Estivo ensinándonos como esquiar xa que el fai o paseiño dun par de kilómetros tres veces ao día.

Eu deixábame ensinar, puxenlle moitas ganas e moitas risas. El non fala inglés e eu non falo letón, así que a clase foi mediante xestos e algunha que outra onomatopeia. A verdade é que foi moi moi divertido. Despois de caer e rir un número de veces inimaxinable a última baixada foi o punto final da patosidade personificada. Caín de cú. Pero de cú de verdade e non sabedes o que doen as mazaduras de sacro. Ao chegar á casa déronme unha pomada que me faría ben e pastillas para aguantar a dor que, según me din, terei toda a semana.

DSC_0096

Pola tarde fomos ver algunhas pequenas cidades do redor e aínda que eu non me atopaba con humor de ver nada fixen o esforzo preciso. Chegamos á casa e despois de xogar a «connection» engulimos a tarta de arándeiras de Lolita. Unha vez de volta tocoume descansar. Ao día seguinte durante o repouso obrigado entre cama e sofá planeei con Suzanne a próxima viaxe.

A idea é baixar dende Riga ata Francia pola terra, é dicir, deixando o aire para os paxaros. Parece de tolos, pero ás veces precisase un pouco de tolemia para ser feliz. Alí atopareime con Lucía, unha das miñas compañeiras de piso na universidade. Vai ser un camiño complicado pero seguro que moi divertido! O malo é que debido ao meu cú non poderemos marchar ata dentro dunha semana. Aínda que ten que ser unha semana de repouso non dubido que farei cousas interesantes. Movereime o que o cú me permita. 

Esta mañá, deixando a un lado a dor de cú, fomos a un «free tour». Trátase de persoas, maiormente estudantes de turismo, que organizan «tours» de balde. O normal é que ao final, se che gustou, lle des a propina que consideres. Parécenme unha idea estupenda e pódense atopar en calquer cidade, só tes que «googlealo» para saber a hora e o lugar de encontro. É moi doado! E ademáis se non che convence o ou a guía podes marchar cando consideres.

DSC_0135

Despois dun café ben quentiño e unhas galletas marcamos no mapa as tendas de segunda man ás que queríamos ir. Hai un montón delas pero a maioría son da cadea Humana. Esta vez non me puiden resistir e merquei 3 xerséis, 2 bufandas e 1 chaqueta de lá por 18 euros. Quédome coa conciencia ben tranquila xa que en España gastaría o mesmo por só unha desas prendas a cal sería menos orixinal porque todo o mundo a tería. Estou segura de que ninguén vestirá o mesmo en Muimenta! Dende que vivín en Rumanía namorei das tendas de segunda man, pero das de segunda man de verdade. Desas nas que podes atopar todo o inimaxinable por prezos inimaxinables e non das que van de cool e por un xersei vintage pagas o doble.

Despois de porme ao día e saber que o Dani xa está en Barcelona demos un paseiño pola cidade. A verdade é que non hai cousas moi significativas para ver, o bo foi perdernos entre as rúas, apreciar a semellanza dos edificios; típicos dos tempos soviéticos e moi diferentes dos de calquera outra cidade europea. Entre os tonos grises deles destaca algún que outro edificio colorido. Na rúa sigo a escoitar máis ruso que letón aínda que o primeiro non sexa considerada unha lingua oficial. Sobre todo nos mercados aos que fun a semana pasada e dos que hoxe nos contaron que son dos máis grandes de europa!

Marcho, que teño que marchar practicar con Gürkan o vocabulario da cociña mentras facemos a cea.

Un sábado de domingo, un domingo de caídas e unha semana de repouso.

Ola Letonia

Logo de viaxar en autobus dende Gante a Charleroi tiña un par de horas de espera ata o meu voo a Riga (1€ en E-dreams aínda que despois os gastos de xetión suben, e a cousa non é o que parece, era unha ganga que non podía rexeitar).

Pasei o mércores entre as páxinas de La tierra de las mujeres e as ganas de chegar.Non podo deixar atrás unha anécdota que me sacou sorrisos parvos. Estaba no aeroporto belga e antes de pasar polo control de seguridade, o cal parecía o primeiro día de rebaixas, atopei un establecemento para cambiar monedas. Había un panel grande no que se lían os nomes dos países dos que se cambiaban as moedas, e de súpeto lin «LATVIA». A verdade é que ata ese momento non pensara sobre o tema. Chego ao dependente e amablemente dígolle no meu inglés agalegado:

– Excuse me, Could I exchange from euros to Latvian money? 

E el, tamén amablemente e cun sorriso de orella a orella di:

– You are very lucky. They have euro one year ago.

Ben, ahí a miña cara de coio e outro sorriso de agradecemento e despedida ao señor dependete.

O voo, no que era a única persona con pelo negro, foi ameno. Nada máis subirme ao avión a posta de sol demostrounos toda a súa beleza con cores moradas e alaranxadas. Pasaron escasas dúas horas ata aterrizar, por primeira vez na miña vida, sobre a neve. Que ilusión, despois de cinco meses, volver a ver aos amigos da etapa do EVS en Rumanía. A miña amiga Liene, que está cuidando a dúas xemelgas rusas de seis anos faloume do bus que tiña que coller, ela saltaría dentro nunha das súas paradas. Eu, que son de levalo todo anotado en listas, ía subir a un bus e non sabía onde tiña que parar. A ilusión durou pouco. Unha vez dentro chamoume para decirme que a nai das xemelgas tardaría en chegar á casa un pouco máis do normal, así que debía baixarme nunha das paradas e esperar por ela. Así foi. Baixei onde o nome coincidía co que ela me dixera e esperei un par de minutos ata que ela chegou. Que ilusión ver de novo a esa montaña rusa de sentimentos! Liene é a muller con máis enerxía positiva que coñezo pero tamén a que máis cambia de estados de ánimos en pouco tempo.

Despois de abrazos, e volver ao inglés como lingua habitual, camiñamos entre a neve ata o seu portal. Vive ás aforas da cidade, nun piso que lle pagan os xefes, nun dos edificios soviéticos de Riga típicos da época de Jrushchov. Moitos dos edificios supúñase que eran temporais, trataban de dar un teito á tanta xente que se movía do campo á cidade. A intención era subsanar os problemas de desnutrición que había, sobre todo, en torno á clase obreira ofrecendo este tipo de fogares. Estes obxetivo precederían, en teoría, á chegada do comunismo e a unha melloría na construcción de vivendas que nunca chegaron. Hoxe en día utilízanse como propaganda demagóxica en contra de calquera sistema anticapitalista. Sen embargo non estou tan de acordo con esta imaxe. Creo que non só foi o anticapitalismo o que facía vivendas tipo colmena, mesmamente durante o franquismo en España edificáronse bloques de vivendas para a xente que migraba do rural á cidade. A pesar de que hoxe estos edificios soviéticos están obsoletos, seguen contando cunha rede de comunicacións perfecta onde o autobús pasa cada cinco minutos, a calefacción é central, teñen espazos verdes comúns, colexios próximos…

DSC_0020

Chamei ao timbre e detrás da porta tiña unha morea de apertas de Gürkan! Que ben, canto me prestan. Despois daríanme a sorpresa! O destino quere que sexamos cinco vivindo no piso. Compartirei habitación con Suzane que chegará hoxe á noite de Francia. O venres chegou Eren, un amigo de Gürkan ao que coñecín en Turquía e que está a estudar inglés en Polonia. Canta interculturalidade haberá nestas catro paredes soviéticas!

Pois ben, o xoves pasei o día aquí practicando o inglés e intercambiando anécdotas destes cinco meses en Muimenta: como é a volta ao non EVS, a ver aos amigos de sempre, a volver a vivir na casa, a non viaxar en autostop…  E por suposto falamos dos plans de futuro. Gürkan está a aprender español porque quere traballar como AU-PAIR nalgún país sudaméricano. Así que tócame facer de profesora de español uns cantos días.

Ademáis; falamos da cultura do país. En Letonia, ao contrario que en Bélxica a xente non tende a reciclar. As bicis son menos abundantes e a xente móvese moito en transporte público que custa 0,60 céntimos cada viaxe. A metade da poboación en Riga é letona mentras que a outra metade é rusa. Fálase en letón aínda que os rusos seguen a falar o seu idioma e na maioría de veces non entenden o letón. Inclusive hai colexios privados en ruso para os nenos e nenas destas familias.

O pai de Liene traballou limpando Chernobyl antes de que ela nacera. É o único do seu grupo que segue con vida. Dende aquela o seu pai e despois ela e a súa irmá pequena están nun grupo de xente con certo risco. Non sei moi ben como é iso dos grupos, pero supóñome que ao seu pais exporse a tal radioactividade elas que naceron despois son máis sensibles a certas efermidades.

O venres, eu e a miña dor de ovarios, saimos a dar un paseo e tomar un café polo casco vello da cidade. Fomos buscar a Eren á estación de autobuses e deixamos a súa pesada maleta, escodida entre as ferramentas de obreiros no baixo dun edifico en construcción. Tivemos tempo a ver unha tenda de segunda man onde me namorei 13123 veces dun par de xerséis que non collen na miña maleta. Liene marchou traballar e nós os tres fomos ao mercado (onde a maioría da poboación é maior e rusa) a facer a compra para a comida-cea. Cociñou Gürkan que está feito todo un chef!

DSC_0031

Á noite tomamos un par de cervexsas nunha festa de música techno/ house/bass… vaia unha desas ideal para o meu irmán e para o Oscariño. Canto me acordei deles! Seguro que a disfrutaban ben! E tamén me acordei da foliada frebuda de Lugo. En fin, non se pode estar a todo.

Marcho, que teño que marchar fregar a morea de pratos acumulados na cociña comunitaria.

Ola Letonia

Últimas verbas sobre Bélxica

Despois de uns cantos días de facer e desfacer maletas, de paseos, museos e exploracións varias… adiquei un tempiño ás tarefas do máster, aos skypes coa familia e a baixar ao supermercado a facer a compra coma unha belga máis. Os prezos son máis altos que en Galicia aínda que, pola contra, hai unha amplia variedade de productos BIO máis accesibles economicamente que na nosa terra.

Non quero deixar de falar sobre o sistema de reciclaxe e recollida de lixo de Bélxica, que eu descoñecía totalmente. A reciclaxe neste país é obrigatoria. Cantas diferencias culturais e sociais hai en Europa! Aquí non podes baixar o lixo ao contenedor cando queiras xa que non hai contenedores. Dependendo da rúa na que vivas tes asignado un día para deixala ao ladiño da porta da casa. Os e as cidadáns non teñen imposto de recollida de lixo. Sen embargo teñen que usar as bolsas de lixo oficiais que poden mercar no supermercado. Creo que con este sistema a xente de aquí é máis consciente dos residuos que xeramos.

Aquí, como en moitos outros países europeos a bicicleta é o medio de transporte máis utilizado pola cidade. Tanta xente pedaleando recordoume ao meu último ano en Burgos, onde non me separaba da BH de segunda man que agora gardo no Porto do Sal. Neste aspecto son positiva e penso que que cada día, a mentalidade de máis xente tira máis cara unha conciencia ecolóxica.

DSC_0221

Esta mañá pateamos durante case dúas horas a parte máis universitaria da cidade. Non ten nada de especial, pero deixámonos levar entre conversa e conversa. Unha vez no centro da cidade entramos a ver o coñecido retablo da «Adoración do Cordeiro Místico» que unha das señoras do blablacar me aconsellou ver. Unha maneira un tanto parva de deixarnos 4€ cada unha. A igrexa, ao contrario dos museos, non fai desconto a menores de 26. Coa entrada danche un par de audio-guías para atender á explicación do retablo… as que considero necesarias para poder facerte unha idea do que se supón que os autores quixeron transmitir. Se algún día vides a Gante non vos recomendo que paguedes por ver e escoitar isto. Seguro que indagondo pola rede se poden atopar as explicacións que alí pagamos. Logo deste baixón subimos ao máis alto da máis alta torre para ver a cidade coa vista de paxaro. Son unhas vistas moi bonitas e recomendables que custan a metade que as do famoso retablo. Aquí vos deixo unha panorámica delas :

Panorama_sin_título1

A volta á casa foi, entre outras cousas, graciosa. Eu viña no portaequipos da bicicleta sen frenos de Paula. A bicileta circulaba polo carril bici que un señor tiña intención de cruzar, e a miña amiga berraba:

– «Non cruces, non cruces»

A risa interna do señor reflexábase nos seus beizos, e a nosa alegría de non levalo por diante tamén.

Agora estou enriba do colchón escribíndo a que será a última entrada sobre Bélxica. Quizáis boto de menos cidades con Bruxas ou Bélxica pero como xa as visitei fai anos non me apetecía voltar. Teño que despedirme de Paula, con quen, sen dúbida, gozarei en Galicia. Dankjewel Paula!

Marcho, que teño que marchar descansar e organizarme para mañá viaxar a Riga.

Últimas verbas sobre Bélxica

Descubrindo Gante baixo o frío

A verdade é que o tempo, a parte do solciño do sábado, non está acompañandome nesta aventura. Pero, que se lle vai facer … «Nunca chove a gusto de todos».

Esta fin de semana quedei por Ghent (Gante) para explorar a cidade. Fixémonos cunha guía alternativa para xente xoven. Aquí tedes unha morea delas sobre varias cidades e que podedes descargar gratuitamente. Son moi útiles sobre todo se non queres gastar moitos cartos.

Recorremos a cidade e ademáis do frío atopamos unha morea de cousas interesantes:

Un cañón do siglo XV, construído para unha das guerras contra España, que só se utilizou unha vez. Dispararou un tiro que caeu xusto en fronte do cañón e aínda por riba matou a un belga. Hoxe en día é un símbolo de paz para a cidade.

Un montón de sogas ao pescozo debuxadas en calquer rincón da cidade. Éstas representan o mal que vivía a xente obreira durante o reinado de Carlos I de España, quen afogaba en impostos, para sufragar guerras, aos habitantes. Humillaba aos revolucionarios, que se opoñían a pagar estos impostos, a camiñar pola rúa descalzos, cunha camisa e unha soga ao pescozo. Un xeito indignante de meter medo ao resto dos habitantes. Actualmente esta soga é un símbolo de revolución para toda a xente de Gante.

Unha rúa adicada aos grafiteiros. É moi estreita e con paredes altas onde os artistas teñen permiso para expresar a súa arte en forma de graffitis. Aínda que había algunha tontería debuxada, paréceme unha idea moi curiosa e que ademáis está en constante movemento.

DSC_0040

Máis tarde entramos ao Museo do Deseño (2€ aos menores de 26 anos). Europa está feita para viaxar antes dos 26. En todos os museos hai descontos para quen teña menos desta idade, así que aproveitade as oportunidades que agora nos dan! Neste museo teñen unha exposición temporal que se chama «Lightopia» que nos tivo enredadas un par de horas. Unha das cousas que me resultou máis interesante foi ver a representación das cores en forma de notas musicais!

DSC_0086

Despois de comer un típico gofre belga, que aquí lle chaman Waffle, fomos na procura de máis museos sen decatarnos de que ás 17.00 horas xa están pechando… Así que despois de pasar por un cine e apuntar unha boa lista de pelis para ver, fomos cear a Lokaal que é o restaurante dun amigo de Paula. É un vexetariano ben bonito que te invita a pasar un bo rato. A súa idea principal é a de utilizar productos ecolóxicos elaborados na rodeada. En Gante todos os xoves son vexetarianos. A asociación vexetariana local EVA logrou que este día da semana nas escolas e en todos os servicios que ofrece o concello estén libres de carne. Que idea tan estupenda, non si?

Despois dunha boa cea tocaba un par de cervexas. Pedimos un par de Gulden Draak que era a recomendada do mes e compartimos mesa cunha parexa que falaba español. Coñeceranse en Formentera, cando el, un rapaz italiano, traballaba alí e ela, unha alta rapaza holandesa que facía un curso de español en Mallorca, decidiu ir de vaixe ata Formentera. Agora os dous vivían en Holanda. Non pararon de contarnos anédotas sobre as súas vidas. Eran moi faladores e moi simpáticos.

DSC_0097

Esta mañá, despois dun almorzo perfecto para repoñer forzas, fomos na procura de mercados: o mercado das flores, o de antigüedades e libros, o de roupa… Entramos nunha tenda de roupa de segunda man. Foi un suplicio. Na miña maleta non entra nada máis pero era todo tan bonito… O bon é que os prezos tiraban para atrás; despois de mercar cousas igual de bonitas en Rumanía por menos da metade de prezo, éstas facíanse un luxo que agora mesmo non me podo permitir. O que sí que me permitir foi a compra dun libro en inglés (3€) nunha librería de segunda man. Había unha morea deles e non sabía por cal decantarme ata que vin un que se chama «A travelling woman». Que mellor título ca ese para esta viaxe? Pesa pouco, así que é perfecto para engadir á mochila.

Marcho, que teño que marchar facerlle unha tortilla a Paula para que se sinta coma na casa.

Descubrindo Gante baixo o frío

Que pouco tempo pasou e canto teño para contar

Nada máis saír de Lugo a cousa xa prometía. Quen ía pensar que dúas señoras de 65 anos estivesen rexistradas en Blablacar? Pois alí estaban, Neus e súa irmá. Cargaban unhas pequenas maletas e uns grandes sorrisos. Cando chegou a conductora e organizamos o maletero xa vin que elas serían as miñas compañeiras de viaxe! Menuda aventura me esperaba. O traxecto foi ben agradable, falamos de política, de viaxes, de relixión… ata de que os seus fillos crían que estaban tolas por utilizar esta forma de compartir coche. Contaron mil e unha anécdotas da súa vida. Unha delas chamábase Neus.  Ela contaba que de adolescente estudara nun colexio de monxas e que éstas lles falaban con mensaxes ocultas sobre o lesbianismo. Decíanlle que non podían estar na mesma cama dúas rapazas. E ela non sabía onde se ía meter xa que o seu lugar de estudo favorito era na súa cama coa súa irmá. E coma estas unha moreas de historias máis…

As señoras paraban en Atocha, que lles quedaba preto do hotel onde quedaban unha noite antes de coller o AVE a Córdoba e a min quedábame ben para coller un bus express (5€) ata o aeroporto. Canto disfrutaban da vida estas dúas señoras! E canto me gustaría ser coma elas o día de mañá.

Despois de pasar polo control do aeroporto unhas tres ou catro veces, cada unha sacando algo novo da maleta…. cheguei ata a porta de embarque. Ao final aínda tiven 15 minutos para ler a Sandra Barneda antes de subir ao avión. Pasoume ben rápido pois cando abrin os ollos xa estaba en Charlesroi. Tiña que atopar un autobús con destino Gante. Non foi moi difícil pero aínda tiña unha hora de espera que aproveitei para darlle uns retoques ao Cómaro.

Cando parou o autobús, no que en teoría era a miña parada, quedei asustada. Estaba todo negro e maleta ao lombo tiña que ir na procura dun taxi. Menos mal que a miña amiga Paula me fixera un minimapa que me foi de axuda. O taxista, un señor belga de orixes turcos, foi amable ao deixarme chamar polo seu móbil á miña amiga, aínda que despois me cobrou 6€ máis do normal. Son cousas que nunca cambian. Venme cunha maleta ao lombo, unha dirección apuntada e un inglés agalegado que xa me convirto en guiri a quen estafar. Espero que algún día, el calquera país do mundo, isto comece a cambiar.

Cheguei tan cansada que tirei a maleta no primeiro sitio que vin. Paula tíñame un kit belga de benvida: gofre, cervexa, guías varias… Despois de cear deume o sorpresón: íamos a durmir dúas horas e media. Así que saquei o pixama e para o colchón.

Ao día seguinte, con ollos pequeniños do sono, subínme coa maleta ao portaequipos da bicicleta. Pensei caer unhas cincocentas veces, pero a verdade é que Paula non estivo nada mal como conductora. Amarramos a bici e saímos correndo cara o tren, pois era a hora de saída e xa estaban a pechar as portas. Chegamos cansadas e con calor. Eran as cinco da mañá e nós quitando abrigos e xerséis. Durante o traxecto ensinoume fotos sobre os proxectos nos que traballara. Ela adícase á bioconstrucción e está aquí en Bélxica cunha Beca Leornado. Faloume dos beneficios de construir con este tipo de materiais e esta ilusa a quen ledes xa pensa en que a súa casa será con este tipo de materiais.

En Antwerpen esperábanos unha furgoneta con catro obreiros para ir facer o revestimento dunha casa feita con palla ás aforas da cidade. Gracias a esa oportunidade estiven a sacar unha morea de fotos, que teño pensado montar en canto teña algo de tempo.

Á media mañá un dos xefes achegounos ata a cidade e alí mentras buscábamos o hostel Boomerang íamos xantando un par de bocatas cun pouco de frío. Foi bastante gracioso, xa que de súpeto, vímonos rodeadas de xudeos.Un señor pola dereita, outro correndo pola esquerda, dous rapaces en bicicleta, outro que viña de frente lendo o xornal… En que peli nos meteran? non paramos de rir durante un bo anaco. Pero, cantos católicos nos cruzaremos ao longo do día sen decatarnos de que o son? Ao ver o mapiña que nos deron no hostel descubrimos a razón desta película: estábamos no barrio xudeo.

Durante a tarde demos un par de voltas pola cidade, vendo os edificios e a posta de sol. Ceamos nun italiano onde pensaron que eramos de Roma, como mínimo. De súpeto, cando veu a conta pego un berro:

– «Carallo pa agua»

Paula morría da vergoña e decíame que calase pero, que unha pizza custe o mesmo que unha botella de auga merece a pena berralo.

A noite chegaba e o corpo pedía unha tregua. Así que metémonos nas literas do hostel, a revisar os Whatsapps recibidos ao longo destes dous días. Que ben que me desexedes boa viaxe e que me preguntedes que tal estou. Non sabedes ben o que presta!

O xoves semellaba un día longo: un par de trens para chegar ata Tongeren onde visitamos e disfrutamos como enanas do museo Galo Romano (1€ por ser menos de 26 anos). Ao saír demos un par de voltas pola cidade ata que os xefes da miña amiga nos viñeron recoller. Son un matrimonio belga cun estudio adicado á bioconstrucción, amables pero pouco faladores, pero penso que a xente aquí e un pouco así. O clima afecta ás persoas, cada día estou máis convencida diso. Leváronnos a ver unha casa recén construída tamén con palla.E despois de sacar un par de fotos e de que outras compañeiras do traballo chegaran á casa, convidáronnos a cear algo típico do que non apuntei o nome, pero que era como unha especie de hoxaldre con polo, setas e queixo polo medio. Estaba moi rico.

Ao rematar, fomos a un concerto de música que se facía nun teatro deseñado polo xefe de Paula. O que máis me gustou foron os baños. Estaban deseñados en círculo, onde homes e mulleres, a pesar de ter dúas portas diferenciadas á entrada, unha vez dentro compartían lugar. Creo que é unha referencia á igualdade masculina e feminina. Unha reflexión sobre o por qué dos baños separados cando na maioría das veces no de mulleres fórmanse unhas longas colas mentras que o dos homes está totalmente libre. Encantoume para calquera colexio de Galicia, ou de outra parte do mundo.

Era a primeira vez que ía a un concerto sen saber que tipo de música ía escoitar. A experiencia foi perfecta. Catro homes aparecen no escenario, falando en holandés, e comezan a tocar as súas mandolinas. Creo que, ao non entender o que falaban, puxen toda a miña atención na música, e deixeime levar un par de horas. O segundo grupo era de Irlanda, tocaba folk e a parte de que me gustou bastante tamén nos alegraron a vista. Chámanse We Banjo 3 . Deixovos un video dunha das súas cancións que máis gustou «We all need more kindness in this world»

Cando o concerto rematou viaxamos dúas horas en coche ata Gante cunha compañeira de traballo de Paula e máis os seus cans. Chegamos con moitas ganas de durmir e sen esquecerme de dar señais de vida polo Whatsapp pechei os ollos. Esta mañá estiven cos derradeiros detalles do Cómaro, que espero quede ben!

Marcho, que teño que marchar descubrir Gante na escuridade e escribirlle a meu irmán para que se lembre de ir mirar as medidas do que será o noso pandeiro.

Que pouco tempo pasou e canto teño para contar

Xa non queda nadiña

Mañá ás dez da mañá subireime ao BLABLACAR que me levará ata Madrid (23.11€). E xa que estou; aproveito para animarvos a que usedes esta plataforma. É do mellorciño que vin á hora de viaxar, sobre todo por España, onde o transporte está, ao meu parecer, careiro demáis.

O meu primeiro destino será Bélxica. Alí vive a que foi a miña compañeira de habitación durante o voluntariado rumano. O voo ata Bruselas (25€) sae a media tarde polo que vou un pelín xusta de tempo. É unha mágoa que non tivese outro coche compartido hoxe e así poder pasar un tempo cos meus amigos de Madrid. Aínda que supoño que deste xeito, á volta, me abrazarán con máis forza.

Hoxe pasei a tarde na casa de cafés con miña tía Élida e pensando na mochila, tarefa á que cada vez lle adico menos tempo. Non me quero lembrar do maletón que traía conmigo cando viña de Burgos a Muimenta calquera ponte do ano. En fin… Menos mal que co tempo fun aprendendo a priorizar cousas e descartar outras.

Et voilá! Máis abaixo podedes ver unha fotiño do que levarei ás costas. Entre elas hai alguna que outra novidade con respecto a outras viaxes que desta vez non podo deixar atrás. Por exemplo:

O portátil, si, xa sei que pesa moito e que cos móviles de agora non che fai falla para nada, pero, eu precisoo para seguir co Máster de Deseño Gráfico.

Ou a pandeireta. Que de ninguna maneira podo abandonar no Porto do Sal. Fai ben pouquiño que collín a primeira e non vou deixar que se me enferruxan as muñecas así sen máis. Así que estarei atenta ao grupo de Whatsapp para practicar as cancións que a profe Naír vaia ensidando nas clases. E quen sabe a de noites que pode amenizar…

Cousas paralevar.

Polo demáis, levo roupa básica e ningún “porsiacaso”. O truco de enrolar a roupa aprendina dun rapaz alemán ao que hospedei mediante Couchsurfing un par de noites na miña habitación de Rumanía. E asegúrovos que se gana moito espazo doblando deste xeito!

Marcho, que teño que marchar ao Abuelo abrazar aos amigos.

Xa non queda nadiña