Baixando por Europa que é xerundio.

Despois dun sábado de bailes no sofá e cociñando «fillogas» en familia, o domingo comezamos a viaxe ao sur.

As penas das despedidas agocheinas nas ganas de emprender a viaxe ata o sur. Esta vez con Suzanne! Viaxar acompañada ten os seus beneficios pois xa teño a quen darlle a lata, con quen rir e sobre todo con quen compartir. Nas viaxes de mochileiros o de compartir é principal, pois; precisas dúas pastas de dentes? dous botes de champú? Un para compartir é o máis axeitado. O peso da mochila baixará e nós fomentaremos a faceta de compartir!

10967292_10205457220728358_753112743_o

Levantámonos cedo para preparar as maletas e despois de ir mercar un par de tomates e uns boliños de pan o tempo decidiu por nós aplazar o autostop. Así que achegámonos ata a estación de autobuses para coller o máis barato ata Vilnuis, capital de Lituania. Chegamos de noite e despois de disfrutar unha pizza por 2€ fomos na procura da casa do Couchsurfer que nos ía hospedar por dúas noites.

Chámase Jesús e resulta que é español, de La Rioja, estivo facendo un voluntariado europeo en Lituania e despois de vivir en Polonia ca moza decidiu volver a Lituania para traballar. En España non atopaba traballo e el é un aventureiro ao que lle gusta viaxar e descubrir novas culturas. Traballa nunha multinacional pero tamén fai recados de traductor de vez en cando. Despois de coñecernos un pouco fomos tomar unha cervexa a un dos sitios máis feos de todo Vilnius, pero que estaba preto da súa casa.

O luns exploramos Vilnius e teño que decir que foi maravilloso. É unha cidade preciosa, chea estreitas rúas con casas de cores e moita arte. Hai un distrito que se chama Uzupis e que un sector da poboación denominou como república dentro da capital e que significa «ao outro lado do río». Non hai fronteiras físicas pero declarouse como tal no ano 97 e donde antes vivían rusos e xudíos, despois do Holocausto foi ocupado primeiro por ladróns, prostitutas, xente sen fogar… e posteriormente por bohemios e artistas. É unha especie de símbolo artístico en todo o país que incluso ten a súa propia constitución. Entre os seus artigos están:

–  «Todo o mundo ten dereito a non ser amado, pero non necesariamente»

–  «Un can ten dereito a ser un can»

– «Todo o mundo ten dereito a celebrar ou non o seu cumpreanos»

– «Todo o mundo é responsable da súa propia liberdade»

DSC_0012

Pasamos a tarde cunha amiga de Suzanne do EVS que vive alí, pero que desta vez non nos podía hospedar; aínda así preparounos un xantar digno de celebrar. Despois de patear a cidade, chegamos á casa de Jesús, vimos xuntos a película «As ruínas» e caemos rendidas.

Á mañá seguinte comezaba a aventura do autostop, esta vez o tempo acompañounos, así que despois de mirar en hitchwiki o mellor lugar para ensinar o noso cartón, pillamos o autobús ata a derradeira parada, camiñamos unha miguiña máis e listas para papar frío e parar coches. Non esperamos moito ata que un rapaz que se chama Edgar parou para levarnos ata Marijampolė. Non era a ruta que tíñamos planeada, pero non nos viña mal de todo, así que deixámonos levar. Resulta que Edgar non fala moito inglés e Suzanne ten a manía de quedar durmida cando vai en coche; así que eu e a miña dor de pandeiro disfrutamos das vistas lituanas. El deixounos preto da parada de autobuses polo que tivemos que camiñar uns cantos kilómetros ata un sitio decente para facer autostop. Os coches non paraban e nós estábamos en proceso de conxelación así que paramos para un café.

Despois desta dose de cafeína e co corpo unh pouco máis quente un coche parou para levarnos 7 kilómetros adiante. Todo se agradece, pero resulta que nos puxo na carretera vella, así que demos a volta coas mochilas ao lombo e dispostas a camiñar ata a carretera nova. Na camiñata un coche con 3 rapaces parou para levarnos ata a carretera axeitada. O camiño era ben corto pero resulta que pararon nun taller non sabemos moi ben a que… aínda que no lo imaxinamos.

Por fin, estábamos no sitio idóneo e dous minutos despois de levantar o cartón dous camioneiros polacos pararon para recollernos. Cada unha foi nun dos camións. Eu ía diante e podía ver polo espello retrovisor a cara de Suzanne caendo co sono no camión de atrás. Eu intentei falar co conductor pero era un pouco complicado; el só falaba en poláco. Unha vez máis a linguaxe corporal e un bolígrafo foron de axuda para saber que el vivía ao este de Polonia e que nos deixaría a 35 kilómetros do noso destino. As vistas dende o camión fixéronme sentir no medio da película de Frozen que tanto me gusta.

10965471_10205457220488352_116724258_n

Tíñamos 35 kilómetros por diante e estábamos nun pobo bastante grande así que decidimos camiñar para atopar un bo sitio e continuar a nosa viaxe a dedo. No camiño un par de rapaces que estaban metendo maletas no coche alzaron a man e no que parecía un saúdo fixeron que nos achegásemos e máis tarde que nos levaran ata Augustow, onde tíñamos o couchsurfing planeado. Estos dous polacos de ollos azuis foron ben amables con nós, todo o tempo preguntando e facéndonos saber sobre o país. Adiantando malas novas para Suzanne, xa que os pratos típicos non son vexetarianos en absoluto. Foi unha pena non gardar o contacto de algún deles!

Visitamos a cidade de Augustow con «PaulaSka», a nosa couchsurfing un tanto diferente. Resulta que é unha rapaza de 21 anos que é moi atenta pero que se lle esqueceu contarlle aos seus pais que dúas descoñecidas ían durmir na súa casa. Sentínme bastante incómoda, xa que nós nos tíñamos a menor idea de que vivía con seus pais e menos aínda que non lles falase desta visita! É o que ten couchsurfing! Podes atopar calquera cousa, incluso que acabes durmindo nunha habitación cun par de tarántulas gordas e feas.

Esta mañá a sorte estaba do noso lado! Fixemos un almorzo rápido en kaufland e ao saír o destino quixo que nos atopáramos cun castelo de caixas de cartón ideais para o autostop. Non perdemos o tempo e ás 8.00 da mañá xa estábamos intentando chegar ata Varsovia, a capital de Polonia. Foi tan xenial que despois de 5 minutos de espera unha furgoneta que conducía dende Finlandia parou para levarnos directas ata Varsovia. Mellor imposible. Un coche directo ata o noso destino. Como se tivesemos limusina propia. Non lembro o nome polaco do conductor, un home duns trinta e moitos anos que é xuez de algo relacionado coas motos e que viaxaba de volta á casa despois dunha competición. El estaba cheo de tatuaxes, pantalóns de militar, botas de motorista e cadeas a xogo. Suzanne volveu durmir un par de horas e eu preguntaba.

Pasamos o día visitando a capital coa maleta ao lombo sen esquecernos das paradas cada 20 minutos con masaxes incluídas! É unha técnica que me ensinou Suzanne e que sen duda usarei máis veces. O casco vello de Varsovia é moi bonito e unha das cousas máis curiosas foi atopar unha palmera no medio da rúa. Din que é a máis famosa de toda centroeuropa, e que non pinta moito non país tan frío.

DSC_0114

A noite achegábase e despois da complicada tarefa de atopar a dirección do noso couchsurfing de Varsovia, por fin sacamos a maleta do lombo. Esta noite durmimos no piso dunha parella coa que Jesús nos puxo en contacto e que son moi simpáticos. Tamén lles gusta viaxar e fai nad que viñeron das Illas Canarias.

Todo o mundo que me atopo está namorado de España, dos españoles e das españolas, da tortilla, a paella, a siesta e as tapas. En xeral, España é un país que cae ben a Europa e os seus habitantes son xente aberta, amable e divertida. Ou iso é o que se dí por aquí adiante.

Marcho, que teño que marchar facer o sofá para descansar que mañá é outro día.

Baixando por Europa que é xerundio.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s